O COVID-19 freou en seco á industria galega e afectará de cheo a autónomos e pemes

Avogados concursais advirten das insolvencias empresariais e urxen a administracións "anticiparse"

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/04/2020 | Actualizada ás 11:02

Comparte esta noticia

As vendas da industria galega crecían a un ritmo do 5,7% no acumulado dos dous primeiros meses do ano en comparación co mesmo período de 2019. Este aumento era o maior de toda España antes da irrupción do coronavirus en marzo que freou en seco este crecemento. De feito, autónomos e pemes serán a que máis sufrirán a crise do coronavirus, mentres que na grande industria a incidencia será menor.

Este mércores o Instituto Nacional de Estatística (INE) publica os datos de febreiro, mes no que hai unha subida da cifra de negocio en Galicia do 6,1%. Neste caso supón a terceira maior alza, por detrás de Murcia (7,3%) e Castela-A Mancha (7,1%). O avance de media dos dous primeiros meses en Galicia contrasta coa taxa negativa que se produce en España do 0,4%, a pesar do lixeiro repunte (+0,5%) en febreiro no país.

No entanto, corrixido o efecto calendario e a estacionalidade, a cifra de negocios da industria no Estado baixou un 0,2% interanual en febreiro, taxa seis décimas inferior á de xaneiro.

En España, por sectores, todos eles elevaron a súa facturación en febreiro, excepto os bens intermedios, que a reduciron un 2,5%. Os maiores aumentos nas vendas en taxa interanual rexistráronse na enerxía (+4%) e os bens de consumo non duradeiros (+3,1%), seguidos dos bens de equipo (+1,3%) e dos bens de consumo duradeiros (+0,3%).

Liña de montaxe na planta de PSA Peugeot Citroën en Vigo (Pontevedra).. PSA VIGO - Arquivo
Liña de montaxe na planta de PSA Peugeot Citroën en Vigo (Pontevedra).. PSA VIGO - Arquivo | Fonte: Europa Press

FACTURACIÓN SERVIZOS

TAmén a facturación do sector servizos incrementouse en Galicia en febreiro un 4% en comparación co mesmo mes de 2019, antes da irrupción do coronavirus, segundo os datos publicados este martes polo Instituto Nacional de Estatística (INE).

Este avance é superior ao crecemento de media en España, que é do 3,4% no segundo mes do ano, no que hai subidas en todas as comunidades. Á cabeza está Murcia (+7,8%).

OPERACIÓNS CONCURSAIS

Por outra banda, o Grupo de Avogados Concursais Coaga advertiu de que a pandemia do coronavirus incrementará as insolvencias empresariais polo que pide ás administracións públicas que se anticipen a elas para evitar a "deterioración financeira irreversible" e habilitar unha "segunda oportunidade" nos casos máis graves.

Nun comunicado remitido aos medios, Coaga alerta de que a pandemia causará un alto custo social e económico, que se ve nas previsións económicas correctoras que realizan diferentes órganos públicos nacionais e internacionais.

Segundo indica, nas finanzas públicas, "o resultado directo traducirase en custos extraordinarios, necesarios para paliar os efectos sobre a economía". "Isto causará un incremento do gasto público e, portanto, o incremento do déficit e a débeda pública, xa moi alta desde a última crise económica", avisa.

Así mesmo, indica que, no ámbito privado, "prevese unha intensa destrución de tecido empresarial, especialmente, no caso dos autónomos e das PEMES en xeral, que causará un efecto máis quepreocupante nas cifras do paro". E é que, segundo indica, estas empresas e os autónomos son a "parte do tecido económico na que se concentra o maior volume de emprego do país".

Coaga sinala que nas medianas e grandes empresas o efecto será máis limitado, ao contar con "un maior músculo financeiro para soportar as consecuencias". "En moitas destas empresas, o problema económico poderase axustar cunha redución de repartición de dividendos e terá un escaso efecto na dinámica de consumo nacional", indica.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta