A Fiscalía mantén aberta unha das cinco denuncias presentadas contra varias residencias

A única que polo momento conta cun proceso de investigación penal en curso é a residencia da Nuestra Señora de la Esperanza, de Ourense.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/04/2020 | Actualizada ás 21:34

Comparte esta noticia

A Fiscalía Superior de Galicia arquivou catro das cinco investigacións de tipo penal que estaban abertas contra varias residencias galegas pola xestión da crise do coronavirus nas súas instalacións.

Así o comunicaron fontes desta institución a nivel autonómico a Europa Press este mércores, á vez que precisaron que esta decisión se tomou debido a que nalgunha das denuncias presentadas "os feitos denunciados non revisten carácter delituoso e outras non achegan datos sobre cuestións que puidesen ser susceptibles dun delito, son moi xerais".

Dúas das causas arquivadas abríronse contra dous centros da provincia de Ourense, outra contra a DomusVi de Chantada e outra contra a DomusVi de Cangas. A única que polo momento conta cun proceso de investigación penal en curso é a residencia da Nuestra Señora de la Esperanza, na que hai 72 casos activos de COVID-19.

Esta última investigación penal iniciouse por mor dunha denuncia de REDE, unha federación de familiares de usuarios de residencias de maiores que tamén denunciou en caso de Cangas, que foi arquivado.

Agora será a Fiscalía Territorial de Ourense a que tramite as dilixencias contra o centro A nosa Señora da Esperanza, propiedade da Fundación San Rosendo, na Farixa (Ourense).

Residencia de Anciáns DomusVI Aldán, en Cangos, onde hai varios falecidos por coronavirus entre os maiores
Residencia de Anciáns DomusVI Aldán, en Cangos, onde hai varios falecidos por coronavirus entre os maiores | Fonte: Miguel Núñez

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Carpetazo... Quen é a Fiscal Xeral do Estado ? É dificil achegar datos cando non houbo HABEAS CORPUS ! Nin autopsias... nin siquera acceder ao corpo...