Por E.P. | A CORUÑA | 01/05/2020 | Actualizada ás 20:13
O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa,participou nunha reunión virtual coa Asociación do Deporte Español (ADESP) na que se analizou a situación do deporte e da actividade física no panorama nacional, segundo informa este departamento autonómico.
Nela, valorouse o plan de desescalada presentado polo Goberno e os puntos que afectan á actividade deportiva como a posibilidade de facer deporte individual a partir deste sábado.
Ao fío desta idea, o secretario xeral para o Deporte informou o plan de continxencias que a Xunta está a elaborar en coordinación coas federacións e coa participación de expertos, para planificar o futuro da actividade física e o deporte en Galicia.
"Un estudo no que se concretará en detalle cando e como recuperar á normalidade deportiva e de competición", explica a Secretaría Xeral para o Deporte.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.