Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/05/2020 | Actualizada ás 16:48
O estudo epidemiolóxico da Xunta de Galicia utiliza ao mesmo grupo de poboación que escolleu o Goberno central para formar parte do estudo de seroprevalencia que desenvolve, segundo explicou este domingo o presidente do Executivo galego, Alberto Núñez Feijóo.
Tras a reunión que mantivo co xefe do Goberno, Pedro Sánchez, e o resto de titulares autonómicos, Feijóo compareceu en rolda de prensa e precisou que "á vez que facemos o estudo epidemiolóxico do Goberno ás 6.000" persoas que corresponden na Comunidade, o Sergas tamén lles realiza o test de anticorpos, que se utiliza para obter os resultados do proxecto autonómico.
"Así confrontamos a fiabilidade" do test masivos que a Administración galega destina a este fin e compara os resultados "da extracción sanguínea" do estudo de seroprevalencia cos das probas de anticorpos. Unha decisión que cta.hega logo da crítica de varios colexios médicos sobre os resultados que estaban dando os test utilizados pola Xunta.
Ademais de tomar mostras ás mesmas 6.000 persoas, o titular do Goberno galego explicou que espera terminar a primeira onda de 50.000 test rápidos esta semana, o 8 ou 10 de maio, xa que se excederon "os 35.000" desde que se iniciou a mostra en abril.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.