Pontevedra construirá un gran parque canino con espazos de paseo e xogos

Ocupará uns 4.300 metros nunha parecela da antiga Tafisa.

Por Galicia Confidencial | Pontevedra | 06/05/2020 | Actualizada ás 09:30

Comparte esta noticia

Pontevedra inaugurará este ano o seu primeiro gran parque canino que contará con espazo de paseo e xogo para cans con diversos elementos de exercicio.

Este parque estára nunha parcela duns 4.300 metros cadrados situada nos antigos terreos de Tafisa, na avenida de Bos Aires e contará cun peche perimetral de malla translúcido, pavimento de xabre estabilizado, tres bancos, luminarias solares, fonte e papeleiras.

A Concellería de Desenvolvemento Sostible e Medio Natural destaca que con esta área de equipamento canino darase resposta á carencia actual de zonas axeitadas para cans en Pontevedra. “Gañamos o máximo espazo útil para o esparexemento dos animais de compañía cun deseño sen actuacións agresivas e o máis respectuoso posible co contorno”, destaca o socialista Iván Puentes.

Unha persoa pasea a tres cans
Unha persoa pasea a tres cans | Fonte: Marta Fernández Xara - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta