Pontón (BNG): "Non teño dúbidas de que as eleccións en Galicia van ser cando decida Urkullu"

A nacionalista volveulle afear a Feijóo a falta de diálogo cos partidos da oposición, algo "que tanto reclama en Madrid".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/05/2020 | Actualizada ás 13:40

Comparte esta noticia

A líder do Bloque Nacionalista Galego (BNG), Ana Pontón, está convencida de que "as eleccións en Galicia vanse celebrar cando o decida o lehendakari Urkullu, que todo apunta ao mes de xullo", xa que considera que o presidente galego, Alberto Núñez Feijóo, volverá ir " a rebufo" das decisións que se toman en Euskadi.

Agora que o Goberno deu luz verde ás comunidades galega e vasca para convocar eleccións e ante a proposta de lehendakari Íñigo Urkullu de trasladalas ao mes de xullo, a portavoz nacionalista "non dubida" que o presidente galego seguirá os mesmos pasos que o vasco, como xa sucedeu coa convocatoria do pasado 5 de abril, que tivo que ser suspendida pola crise de coronavirus.

"Hai dous meses o candidato do PP dicía que non se podían convocar eleccións en pleno estado de alarma e agora vai facer todo o contrario, demostrándonos outra vez que a súa palabra non vale nada", criticou Pontón este domingo en declaracións aos medios.

Desde o seu punto de vista, "o máis prudente é non precipitarse e poder votar coas máximas garantías de seguridade". Neste sentido, asegurou que a súa "prioridade antes e agora é a saúde dos galegos, pero parece que non é a de Feijóo".

FEIJÓO "NON FIXO OS DEBERES"

Por outra banda, a líder do BNG non ve con bos ollos que o máximo representante do Goberno galego non convocase unha reunión "por cuarto domingo" cos partidos políticos, "nin máis nin menos que en pleno proceso de desescalada".

"Xa vemos como entende o presidente da Xunta o diálogo e a cooperación que tanto reclama en Madrid. Está claro que non lle interesa escoitar as propostas do BNG porque deixan en evidencia que non está a facer os deberes nun momento de tanta gravidade e tantos problemas", engadiu Pontón.

Esta vez, volveu a reclamar que un maior "reforzo" da Atención Primaria, porque "vai ser a punta de lanza" neste momento. Pide que se invistan 200 millóns de euros para reforzala e "contratar máis persoal de reforzo, hai que ter mÁis rastreadores de COVID-19 se queremos que salga ben a desescalada".

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, en rolda de prensa. BNG
A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, en rolda de prensa. BNG | Fonte: Europa Press

Tamén reclamou que a Administración autonómica poña en marcha "axudas directas" a autónomos como fixeron Euskadi, Cataluña e Valencia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Sentidiño

13 de maio 14 horas, rolda de prensa de Feixóo: Ana Pontón tiña razón.

1 Fiuo

Y de que se extraña Pontona.? Acaso el BNG no es mas que una sucursal de Bildu en el Parlamento europeo?