Advirten do perigo do percebe pola presión do sector mexilloeiro

A asociación ecoloxista Arco Iris pide que se "blinde" a súa produción.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 11/05/2020 | Actualizada ás 12:21

Comparte esta noticia

A asociación ecoloxista Arco Iris instou á Consellería do Mar a "retomar o máis axiña posible" a aprobación da denominación de orixe protexida (DOP) do percebe para "blindar" a súa produción.

Nun comunicado, denuncia a existencia de "incidentes rexistrados a semana pasada nas proximidades da Torre de Hércules e Mera", nos municipios da Coruña e Oleiros, por uns feitos que vincula con diferenzas entre o sector do mexillón e o percebeiro.

Nel apunta, entre outras cuestións, a "actitudes agresivas dalgúns recolectores, que esquilman as pedras e condenan aos percebeiros a un escuro futuro de catro ou máis anos sen actividade extractiva".

"A este grave panorama ambiental unirase un severo descenso da biodiversidade en todas as zonas xa desposuídas da cuberta biolóxica ou concho, onde se cría non só o mexillón, senón tamén a nécora, o polbo, larvas de peces e todo tipo de microorganismos".

Por todo iso, insta á Consellería do Mar a "non ceder" ante o que cualifican como "imposicións inadmisibles do sector do mexillón, que incumpriu as condicións promulgadas pola Consellería para esta campaña, invadindo zonas vedadas polos percebeiros".

Ademais de retomar a aprobación da DOP Percebe de Galicia, insta a Xunta "a incrementar a vixilancia dos servizos de gardacostas en todas as zonas conflitivas, para preservar un patrimonio natural que non pode nin debe ser dilapidado en aras de ningún sector produtivo".

Imaxe do documental de Manuel Logar Entre a onda e a rocha, sobre a vida dos perceberios despois do Prestige
Imaxe do documental de Manuel Logar Entre a onda e a rocha, sobre a vida dos perceberios despois do Prestige

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta