O cerco reclama que se aumente a cota de sardiña porque "a costa galega está chea"

Pide que "se teñan en conta" os estudos sobre 'stock'.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/05/2020 | Actualizada ás 18:51

Comparte esta noticia

O portavoz de Acerga --a principal asociación do cerco en Galicia--, Andrés García, reclama que "se teñan en conta" os últimos estudos sobre o 'stock' existente de sardiña e se aumente a cota, porque "hai moita máis da que se está dicindo".

Así se pronunciou despois de que o Boletín Oficial do Estado (BOE) publicase este martes a orde pola que se regula a pesqueira de sardiña, nunha campaña que arrincou o pasado 4 de maio para os barcos galegos e do Cantábrico noroeste.

Os barcos do cerco galego e do Cantábrico noroeste poden pescar ata o 31 de xullo case 2.000 toneladas de sardiña mentres non se esgote. O tope por barco en maio será de 1.000 quilos ao día, mentres que coa chegada de xuño --mes de San Xoan-- son 1.500 quilos ao día. A talla mínima é de 15 centímetros --con 500 quilos ao mes de entre 11 e 15 centímetros--. Para o 'xeito' resérvanse case 82.000 quilos.

A frota de cerco do Golfo de Cádiz anunciou esta semana que capturará a sardiña nos meses de verán ao considerar "insuficiente" a cota de 1.240 toneladas imposto pola Secretaría Xeral de Pesca para este 2020 aos 82 barcos que faenan nesta zona.

Respecto diso, García sinala que o caso de Galicia é diferente. "Se tivésemos outra pesqueira, pero non a temos... Ou pescamos sardiña ou non pescamos nada", afirma. E é que "o xurelo fallou completamente", polo que "ou se vai ao mar e se pescan sardiñas ou se escusa ir ao mar".

ESTUDO PELAGO20

Así, remarca que o último estudo realizado, o Pelago20, que percorreu a costa de Portugal e Golfo de Cádiz constata "un aumento considerable" de sardiña "comparado co ano pasado".

Este estudo realízase co buque oceanográfico Miguel Oliver, da Secretaría Xeral de Pesca, e avalía os principais recursos pesqueiros.

Asegura que a costa galega está "chea de sardiña", e "proba diso" é que está a pescar por todo o litoral, "non só nunha zona".

Sardiñas incautadas en Porto do Son. XUNTA - Arquivo
Sardiñas incautadas en Porto do Son. XUNTA - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta