A Xunta di que está aberta para recibir “milleiros de turistas” en xullo e agosto, en plena cita electoral

O presidente galego asegura que nese momento xa estarán abertas as limitacións de movemento en todo o Estado.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 13/05/2020 | Actualizada ás 16:18

Comparte esta noticia

Feijóo quere poñer as eleccións a mediados de xullo, xusto cando se agarda que a Galicia cheguen milleiros de turistas do resto do Estado. Curiosamente, o argumento do presidente galego para poñer canto antes os comicios é que a chegada deste milleiro de turistas poden aumentar os rebrotes en Galicia cunha poboación que segundo o estudo epidemiolóxico da Xunta –moi criticado-- non está inmunizada –só o 1% tería pasado o virus--.

Turistas collendo o barco a Cíes
Turistas collendo o barco a Cíes | Fonte: © Miguel Núñez.

E a pesar desas evidencias e dos consellos do seu comité de expertos, Feijóo está disposto a recibir a milleiros de turistas. “De aquí a xullo estarán todas as autonomías abertas” dixo asegurando que o problema vai ser “despois do verán” e non xusto no verán cando chegarán ese milleiro de turistas.

Se imos máis alá entrariamos nun precipicio e se seguimos con comportamento responsable hai posibilidades para recibir ao turismo nacional e recibir a milleiros de persoas que veñan de autonomías con situación epidemolóxica garantista”, dixo. Con todo, confirmou que non haberá peche de Galicia, nin que se prohibirá a presenza de turistas de lugares máis afectados, como Madrid ou Castela.

Por iso, quedou sen aclarar cales serán as autonomías con turistas “garantistas” e tamén como se evitará que a chegada deses milleiros de turistas non contaxiarán aos galegos que, en principio, terían que ir votar a mediados de xullo, podendo contaminar a outros veciños ao acudir ás urnas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta