Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/05/2020 | Actualizada ás 16:50
A Policía Local de Ferrol denunciou a dona dun bar e outras seis persoas que se atopaban dentro do establecemento por infrinxir as medidas do estado de alarma.
Segundo informou a Policía Local, as sete persoas denunciadas atopábanse no interior dun bar situado no barrio do Inferniño pasada a medianoite, unha delas a propietaria do establecemento e tres que consumían bebidas, mentres outra fumaba.
As mesmas fontes policiais relataron que cando os axentes, que realizaban patrulla pola zona, entraron no bar comprobaron que alí estaba a dona e outros seis individuos que "non gardaban as distancias nin as medidas de seguridade" establecidas no marco do estado de alarma.
Por todo iso, os policías procederon á súa identificación e denuncia, tras o que pecharon o local, destacaron as mesmas fontes municipais.
Con estas sete propostas de sanción, as únicas que tramitou a Policía Local de Ferrol durante a quenda de noite do martes ao mércores, ascenden a 360 as denuncias tramitadas por infrinxir o estado de alarma. O número de detidos mantense en catro nesta localidade.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.