Rexistrados máis de 1.100 raios na xornada deste mércores en Galicia

Un total de 1.171 raios foron rexistrados ata as 20,00 horas deste mércores en Galicia, xornada que se caracterizou pola inestabilidade e a aparición de treboadas illadas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/05/2020 | Actualizada ás 21:15

Comparte esta noticia



Un total de 1.171 raios foron rexistrados ata as 20,00 horas deste mércores en Galicia, xornada que se caracterizou pola inestabilidade e a aparición de treboadas illadas.

Segundo a información de Meteogalicia, as treboadas tiveron máis intensidade en puntos de Pontevedra e, nas últimas horas, na comarca de Santiago de Compostela, onde estiveron acompañadas de aparello eléctrico.

Así mesmo, as precipitacións deixaron no municipio de Rois (A Coruña) 19 litros por metro cadrado, mentres que na capital galega chegouse aos 14,8 litros.

Tormenta, lóstrego, raio. EUROPA PRESS - Archivo
Tormenta, lóstrego, raio. EUROPA PRESS - Archivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

lástima de kilowatios ! non haberá ninguén que aproveite esta enerxía regalada ?