Descenden a 176 os usuarios de residencias de maiores de Galicia con COVID-19, tras 46 altas

Os traballadores de centros xeriátricos afectados son 132, 20 menos que os notificados o mércores. Nos centros de atención a persoas discapacitadas o número de afectados baixou de 67 a 55.

Por Europa Press / Redacción | VIGO | 14/05/2020 | Actualizada ás 14:12

Comparte esta noticia

O número de usuarios de residencia de maiores de Galicia infectados por coronavirus descenderon a 176, tras recibir o alta por curación 46 persoas, mentres que os traballadores de centros xeriátricos afectados sitúanse en 132 (20 menos que os notificados na xornada do mércores), segundo os datos trasladados pola Consellería de Política Social.

Un operario con traxe de desinfeccion na Residencia de anciáns San Carlos de Celanova en Ourense
Un operario con traxe de desinfeccion na Residencia de anciáns San Carlos de Celanova en Ourense | Fonte: Europa Press.

Segundo informou Política Social, nas últimas horas recibiron o alta 46 usuarios de residencias de maiores, case a metade na residencia DomusVi de Barreiro, en Vigo, onde pasaron de 30 a 9 casos. Tamén recibiron o alta 11 usuarios da residencia San José Hermanitas de Ourense, que agora ten 12 casos positivos.

Co último balance coñecido, o centro xeriátrico con máis maiores afectados por COVID é o de Santa Teresa Jornet da Coruña (26), seguido da residencia DomusVi de Cangas (20). As residencias O Portazgo (A Coruña) e Divino Mestre (Ourense) teñen 13 casos cada unha, mentres que as de San José Hermanitas e DomusVi Matogrande (A Coruña) teñen 12 casos cada unha.

Na residencia Caser A Zapateira hai 11 casos positivos, e a residencia A nosa Señora da Esperanza (Ourense) rexistrou nas últimas horas catro casos menos, ata situarse en 10. Séguenlle DomusVi Barreiro e Concepción Arenal (A Coruña) con 9 casos cada unha, mentres que o resto de centros xeriátricos afectados teñen entre 1 e 5 casos.

Con respecto aos traballadores das residencias de maiores, o número de infectados baixou a 132 xa que, aínda que un novo traballador deu positivo (na residencia Torrente Ballester da Coruña), recibiron o alta outros 21 traballadores.

CENTROS DE ATENCIÓN A DISCAPACITADOS

Nos centros de atención a persoas discapacitadas, o número de usuarios afectados baixou de 67 a 55, despois de que recibisen o alta 12 persoas atendidas no CAPD de Redondela. Mentres, hai 22 traballadores con coronavirus, dous menos que os rexistrados o día anterior (un empregado do CAPD de Redondela e outro da residencia de Monterrei recibiron o alta).

Nestes centros, o maior número de usuarios afectados por COVID concéntrase no CAPD da Coruña, 14; seguido do centro Pai Menni de Betanzos, con 12 casos. Na residencia para discapacitados DomusVi de Bóveda hai 10 casos positivos, e outros 7 na residencia de Monterrei-San Rosendo.

No CAPD de Redondela quedan 4 usuarios afectados, no centro Aixiña de Ourense hai 3, mentres que na residencia Amicos de Boiro e nas vivendas Aspronaga, hai dous casos activos en cada un deles. Finalmente, queda un caso activo no centro do Imserso en Ferrol.

Por outra banda, o maior número de traballadores de centros de discapacidade afectados por coronavirus correspóndese co CAPD de Redondela (6 casos) e o CAPD da Coruña (5 casos).

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta