Esquerda Unida censura o nomeamento dun exdirector de DomusVi como xerente da residencia Porta do Camiño

A formación cualifica este nomeamento de "mofa" ás familias.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/05/2020 | Actualizada ás 21:30

Comparte esta noticia

Esquerda Unida solicitou á Xunta explicacións por nomear como xerente da residencia pública Porta do Camiño en Santiago de Compostela en plena pandemia do coronavirus ao que foi director técnico de DomusVI (antiga Geriatros) "durante 20 anos".

Traslado de usuarios e usuarias da residencia Porta do Camiño.
Traslado de usuarios e usuarias da residencia Porta do Camiño.

A formación cualifica este nomeamento de "mofa" ás familias ao considerar que se trata dun dos máximos responsables da empresa en cuxas residencias faleceron "polo menos 62 persoas".

"Esta é a mostra da perversión do modelo privatizador da Xunta", denunciou a coordinadora nacional da formación, Eva Solla, quen acusou ao Goberno galego se dedicase a fortalecer o "crecemento do negocio privado" ao redor de "suculentos concertos" en lugar de dotar a Galicia de prazas públicas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Eva Solla ACUSA ! Está ben que acuse, eu tamén a acuso de bloquear as contas dos cidadáns que reclaman coñecer onde foron parar os cartos que tiñan que ir a En Marea e quedaron no peto da Comunista Vicepresidenta da Mesa do Parlamento 4 anos ! Acusar acusamos todos !!!