Temas: MODA

Knitbrary Chritsmas Store

Yolanda Estévez e Pedro Castellanos son os fundadores de Knitbrary, un novo Estudo de moda que se vén de abrir na Coruña.

Por GC Tendencias | A Coruña | 26/12/2012 | Actualizada ás 09:56

Comparte esta noticia

Este nadal KNITBRARY (www.knitbrary.com) abre o seu estudo da Coruña ao público para presentar a súa colección.

Knitbrary Christmas Store
Knitbrary Christmas Store

Pezas de punto intencionadamente simples, sen pretensións, que resaltan a beleza inherente ás fibras naturais e o carácter único que lles confire o traballo manual. Ademais, contarán cunha coidada selección de xoias e cerámica da deseñadora Helena Rohner (www.helenarohner.com.es).

Pezas recoñecibles a simple vista pola sinceridade e a forza do seu deseño e a orixinal combinación de materiais que se traducen en beleza en estado puro.

O espazo estará decorado con pezas de UnDo ReDo (http://undoredo17.wordpress.com), cadeiras e mobles icónicos do século XX repetuosamente recuperados conservando a pátina que lles conferiu o paso do tempo.

Knitbrary christmas store

Ata o 05 de Xaneiro.

R/ Orzán 33 baixo, A Coruña

Temas: MODA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Broza

Esta publicidade e logo por baixo o de "A TÚA ACHEGA FAI QUE GC POIDA PUBLICAR NOVAS COMA ESTA. SÓ DEPENDEMOS DE TI." paréceme xenial!!!