Terremoto no centro da Coruña

Un sismo de magnitude 3 afectou ao Concello de Frades.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/05/2020 | Actualizada ás 20:33

Comparte esta noticia

A localidade coruñesa de Frades foi o epicentro dun sismo de magnitude 3 e intensidade 2 que se sentiu esta madrugada en varios puntos da provincia, sobre as 01,58 horas.

O Instituto Xeográfico Nacional recolleu esta información, na que detalla que o tremor foi de magnitude tres na escala de Ritcher, en referencia á cantidade de enerxía liberada polo terremoto, e contou cunha intensidade correspondente ao nivel dous.

Por este motivo, o sismo tamén se sentiu no Pino, Ordes, Oroso, Betanzos, Oza-Cesures, Tordoia, Carral, A Baña, Santiago de Compostela, Lugo e Outeiro de Rei. En todo caso, os servizos de emerxencias non certificaron que se produciron danos materiais nin persoais por mor deste movemento de terra.

Movemento de terra de magnitude 3 en Frades. IGN
Movemento de terra de magnitude 3 en Frades. IGN | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta