Estas son as verdadeiras razóns de por que Feijóo convoca eleccións en xullo e non en setembro

Aproveitar a difusión que lle dan a TVG e a Radio Galega e medios como La Voz de Galicia para ter maior proxección pública, confrontarse directamente na xestión da crise con Pedro Sánchez para botarlle a culpa de todo o malo, tentar silenciar á oposición acurtando a campaña electoral ou o menor impacto da campaña dos lumes, entre as verdadeiras razóns da convocatoria.

Por Xurxo Salgado | Santiago de Compostela | 18/05/2020 | Actualizada ás 22:00

Comparte esta noticia

Se todo sae conforme o previsto por Feijóo e Urkullu, Galicia e Euskadi irán votar por cuarta vez desde 2009 o mesmo día este verán. Previamente, haberá que repetir todo o proceso preelectoral, que inclúe a confección das listas. E a isto hai que unirlle as incertezas da evolución do coronavirus e as medidas se van a adoptar nos colexios electorais para que os galegos poidan exercer con seguridade o dereito ao voto, así como os votantes que poderán exercer ese dereito.

Hai dúas semanas o presidente galego non quería falar de eleccións. “Non están na miña axenda políticia”, dicía. “O máis importante é a saúde dos galegos”, engadía. E que cambiou en 15 días para que o que non estaba na súa axenda, pase a ser unha prioridade?. Tentamos analizar as causas e razóns que levaron a Alberto Núñez Feijóo a convocar eleccións de xeito precipitado.

ARGUMENTOS QUE UTILIZA

O principal argumento esgrimido polo presidente galego é a situación epidemiolóxica do coronavirus durante os vindeiros meses. E neste sentido, baseouse en varios estudos do seu comité de expertos e do asesor xurídico da Xunta que lle recomendaron facelas "canto antes”, aínda que recoñecen que tamén durante o verán pode haber rebrotes.

Feijóo decidiuse polo 12 de xullo aínda sabendo que a inicios dese mes Galicia recibirá xa miles de turistas que veñen de Castela e León e Madrid, dúas das zonas máis afectadas. “O maior risco que temos é o recibimento de miles de turistas”, recoñecía este luns.

O pasado ano, Galicia recibía 1,7 millóns de turistas, o 80% do resto de España. Este ano, a Xunta cre que baixarán, pero estima que poden ser a metade. O argumento para facer eleccións en xullo, segundo Feijóo é que haberá menos turistas que en setembro. Un argumento que, segundo os datos estatísticos dos últimos anos non é certo. O maior fluxo de turistas a Galicia recíbese primeiro en agosto e logo en xullo, sendo setembro un mes máis frouxo, mesmo por baixo de xuño.

Con todo, e preguntado por GC a este respecto, Feijóo dixo que a diferencia para non facelas en setembro será que “haberá medio millón menos de turistas” que en setembro. Un dato, que obxectivamente, non é certo, senón hipóteses do propio presidente galego que tamén recoñeceu que no decreto de convocatoria electoral recolle a posibilidade de pospoñer as eleccións a setembro se hai un rebrote en xullo. Polo tanto, está recoñecendo implícitamente que en xullo pode haber rebrotes importantes.

PRESIDENTE INTERINO

O segundo argumento utilizado é o de que Galicia teña un presidente lexítimo antes do outono que é cando acaba a actual lexislatura. “A miña obriga é que Galicia teña un presidente lexítimo e un Parlamento decidido de forma incontestable, con plena capacidade para afrontar con máis fortaleza a pandemia económica que chegará após a crise sanitaria”, dixo este martes.

Un razoamento que xa empregou en máis ocasións. Con todo, esquece o presidente galego que a propia anulación dos comicios de abril xa foi un feito excepcional en democracia, xa que nunca acontecera unha situación así. Polo tanto, dentro da “alegalidade” na propia lexislación que supón o atraso dos comicios de abril, tamén se podería recoller outra situación “excepcional” como que a presidencia da Xunta fora interina ata que se garantice con total legalidade que as eleccións se poden celebrar sen ningún medo a contaxios nin restricións ao dereito ao voto.

O ARGUMENTO VASCO

E outro dos argumentos favoritos de Feijóo é facer coincidir as eleccións galegas coas vascas. De feito, o da convocatoria electoral entrou na súa “axenda política” cando o lehendakari vasco, Íñigo Urkullu, comezou a barallar con forzas esa posibilidade. Desde entón, os pasos do presidente galego van en paralelo aos do vasco. Escoitaron aos partidos o mesmo día e tamén este luns compareceron ambos os mandatarios para anunciar a data electoral.

O pasado 5 de abril era a cuarta vez consecutiva desde 2009 que galegos e vascos acudirían da man ás urnas. A primeira coincidencia provocouna máis de dez anos atrás Juan José Ibarretxe, quen se sumou á data previamente elixida en Galicia polo entón presidente autonómico, o socialista Emilio Pérez Touriño.

Ese 1 de marzo de 2009, Feijóo recuperou a Xunta para o PP e, desde entón, secundou as dúas datas que fixaron os presidentes vascos para os comicios autonómicos: primeiro co socialista Patxi López, quen decidiu adiantar ao 21 de outubro de 2012, e despois, o 25 de setembro de 2016, xa con Urkullu na Lehendakaritza.

AS OUTRAS RAZÓNS OCULTAS: O APOIO MEDIATICO

Pero, hai outras razóns máis poderosas para esta convocatoria electoral que Feijóo non quere contar pero que son obvias e se insiren na propia excepcionalidade da actual situación. A primeira e máis importante é o gran protagonismo mediatico que ten na xestión desta crise. De feito, nunca antes desde os 11 anos que leva gobernando na Xunta de Galicia tivera tantas comparecencias públicas en directo nos medios de comunicación públicos, a TVG e a Radio Galega. A media é de tres comparecencias á semana durante case dúas horas durante os últimos dous meses. Unha proxección pública coa que resulta imposible que compita a oposición que, ademais, ve reducida a súa presenza nos medios públicos a uns cantos minutos cada semana.

Pero non só a TVG é o gran valedor de Feijóo. O presidente galego conta con outros aliados importantes; as grandes familias mediáticas de Galicia, entre eles, El Correo Gallego, El Progreso, La Región, e en menor medida Faro de Vigo. Pero o principal defensor da estratexia de Feijóo é La Voz de Galicia, xornal que leva semanas iluminando o camiño dunhas eleccións en xullo. En parte, quizais, para manter no poder a quen lle dá centos de milleiros de euros cada ano.

E esta proxección mediática sérvelle a Feijóo para facerlle o posición a Pedro Sánchez. E aquí entra en liza a segunda razón das eleccións de xullo; aproveitar ao máximo o estado de alarma para botarlle a culpa de todo o malo ao presidente español e poñerse os galóns de todo o que vaia ben, a pesar de que algunhas desas boas medidas sexan do Goberno central.

E cando ten comete torpezas como facer anuncios sen ter protocolos claros para as visitas ás resididencias ou lexislar situacións conflitivas como a apertura de escolas e garderías, insiste en que o faga o Goberno central, para seguir tendo chibos expiatorios. Argumentos, obviamente, que son magnificados polos seus medios de comunicacións afíns. Deste xeito, Feijóo se presenta ante a opinión pública como o gran xestor dunha crise sanitaria en Galicia que, realmente, está xestionando e lexislando, principalmente, o Goberno de Pedro Sánchez.

A SANIDADE

E nesta guerra con Pedro Sánchez e por facer ver aos galegos o bo xestor que é, Feijóo presume de sanidade, precisamente, o seu punto débil durante toda a lexislatura, con numerosas protestas que provocaron dimisións e cambios de xerentes de áreas sanitarias.

Nun sistema sanitario saturado como era o galego, o coronavirus provocou unha reclusión forzosa nas casas, ademais da cancelación de todo tipo de operacións cirúrxicas para liberar camas e UCI para os pacientes de coronavirus. Agora, que a situación sanitaria se relaxou, o presidente da Xunta presume da situación dos hospitais galego cando o Sergas insiste na asistencia telefónica e non presencial.

"Estamos sen dúbida preocupados, pero nunha situación absolutamente distinta, co 59 por cento das camas en UCI en Galicia baleiras", remarcou o mandatario autonómico, que engadiu que hai 3.570 camas de hospitalización "baleiras": "nunca tivemos tanta capacidade asistencial na nosa historia, nin cando eramos Insalud nin desde o 1991". Unha situación á que se chegou logo de acelerar a compra de respiradores e de novas camas, tras desfacerse nos últimos dez anos de case 1.000 camas dos hospitais públicos polos recortes na sanidade.

CAMPAÑA ELECTORAL

E nesta carreira por acabar canto antes para invisibilizar o máximo posible á oposición tamén entra en xogo a teoría de realizar unha campaña exprés. Por iso quería acurtar a unha semana tanto a campaña como a precampaña. O primeiro semella obxectivo conseguido, non así o segundo.

Con todo, xa vai preparando as críticas para a oposición. “Eu priorizarei a xestión da pandemia e seguirei gobernando Galicia até o último día a pesar de que a campaña se estipula legalmente nos 15 días”, dixo este martes avanzando o que vai facer. É dicir, que ninguneará á oposición por facer legalmente o que ten que facer nunha precampaña electoral que é presentar as súas propostas políticas e ter os perceptivos espazos nos medios públicos.

Feijóo, en rolda de prensa na sede de San Caetano. Xunta de Galicia
Feijóo, en rolda de prensa na sede de San Caetano. Xunta de Galicia

INCENDIOS

E, xa por último, e cun peso relativo nesta decisión estaría a campaña de lumes deste ano. Este xullo, segundo as previsións metereolóxicas, non será tan seco como os anteriores polo que o risco de incendios será menor. Un risco que si aumentará en setembro co final do verán. Polo tanto, facer as eleccións ao comezo do verán minimiza as críticas que poida haber en caso dunha mala campaña de incendios.

Ou titular do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, mantén unha videoconferencia co presidente do Goberno central, Pedro Sánchez, e vos outros presidentes autonómicos. Edificio Administratito de San Caetano, Santiago de Compostela, 17/05/20.. DAVID CABEZÓN- XUNTA DE GALICIA
Ou titular do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, mantén unha videoconferencia co presidente do Goberno central, Pedro Sánchez, e vos outros presidentes autonómicos. Edificio Administratito de San Caetano, Santiago de Compostela, 17/05/20.. DAVID CABEZÓN- XUNTA DE GALICIA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 12 comentarios

7 Ana

Recen acabo de ver o impresionante video co titulo "Los ciudadanos os acusamos públicamente", buscadeo e entenderedes pq nas próximas eleccions a abstención sera historica. Vascos e galegos temos a posibilidade de facer historia.

1 nostrus

Vascos y catalanes tenemos la posibilidad de mandar a sus respectivos nacionalismos a t.p.c. si somos listos y luchar por un país menos grasiento apostando por la realidad, la diversidad y el bienestar de la gente. Por aqui tambien hay alguno que dice que se hubiera una república se acabarían nuestros males del modo que tambien lo decian a final de los veinte los presuntos intelectuales de entonces y los politicos de todos los signos y lo único que vino fué el cataclismo.

6 Rafael

Un dos maiores males de Galicia é La Voz de Galicia. Este xornal leva anos facendo todo o posible para que Galicia sega a ser un predio da dereita máis rancia.

1 Regalos de Tres Estalos

Coa estimable axuda do BNG, PsoE e Podemos! Son impagables as loas de dona Pilar García Negro nun vídeo da casa, xusto no mesmo en que o señorito Fernández Latorre sinala como meta de La Voz de su Amo impedir que Galiza siga os camiños políticos de Euskadi e Catalunya. Tamén as fotos das celebracións asistindo Ana Pontón e Lores. Ou lembrar como no bipartito non tiveron a decencia de regular de xeito público e transparente os criterios das axudas á prensa... A alternativa en Galiza está castrada e sometida a La Voz de su Amo!

5 anonimo8924

Les leo cada vez menos, y artículos como este son una razón para ello. Lo primero, no votaré a Feijóo. Lo segundo, la elección de la fecha de las elecciones es de lo más razonable. Hay que celebrarlas lo antes posible habida cuenta de que es anormal que una legislatura dure más de lo establecido por ley. Y hacerlo en pleno verano tiene todo el sentido del mundo, habida cuenta de que numerosos expertos en epidemiología advierten de repuntes de la pandemia hacia otono.

4 patético

Coido que non se pode botar so a culpa a uns ou outros ... en Galicia hai unha mistura de culpabillidades/responsabilidades, e certo é, que a sociedade galega, salvo unha pequena excepción non está a altura do que debera... e non me refiro a quén ten que votar senon a asumir a súa responsabilidade de saber qué está acontecendo e porqué os seus fillos emigran constantemente ou ben traballan onde traballan...e punto. Esto acontece en todo o estado porque a sociedade española, ao meu ver, tampouco asume a sua responsabilidade. Ao respecto da propaganda panfletaria a estas alturas da peli resulta enternecedor senon fora polos millons de despilfarro ano tras ano.....

3 xmmc

Das eleccións, Feijoo e o tridente de Sabón... https://diariodunfilologoconfinado....