Os empregados do histórico xornal da capital galega levan sen cobrar desde febreiro. Algúns mesmo advertiron da necesidade de acudir ao Banco de Alimentos se non reciben os seus salarios. GC falou coa xerencia do medio.
  comenta   0
O Boletín do Rexistro Mercantil acaba de publicar dous ceses ou dimisións en Editorial Compostela, matriz de El Correo Gallego e Radio Obradoiro. Así, deixan de ser conselleiros dun directivo do xornal e dun membro da familia editora.
  comenta   0
Fíxoo o pasado 26 de xullo “en cuanto se recibió el correo electrónico”, aseguran desde a dirección deste medio tras as críticas desta asociación que denunciaba que se censurara.
  comenta   0
Levantando o embargo temporal que pesa sobre as propiedades de Editorial Compostela. A débeda total chegaba aos 26,8 millóns nas contas presentadas en 2016. Inxeccións económicas da familia Barrera, despidos e baixas de traballadores, subvencións institucionais e deixar a súa histórica sede axudaron a tentar reducir os números vermellos.
  comenta   2
O Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia critica que este xornal atenta contra a privacidade e dignidade de persoas sen fogar e pide aos medios dignidade no tratamento deste tipo de informacións.
  comenta   1
O xornal ourensán acusa ao coruñés de “mentir” e pídelle que rectifique tras publicar que os fondos mercados pola Deputación de Ourense xa se poden ver “gratis” na Cidade da Cultura. Xunta e deputacións teñen destinadas inxentes cantidades de diñeiro público aos grandes medios de comunicación.
  comenta   1
A Audiencia Provincial arquiva o caso "sen posibilidade de recurso" e sostén que non houbo revelación de segredos por parte de Martiño Noriega ao facer pública a débeda millonaria do Grupo Correo. O tribunal advirte de que esas contas "xa foran difundidas" antes por "un xornal dixital", en referencia ás informacións adiantadas por GC sobre os problemas financeiros do grupo mediático. O alcalde expresa a súa "satisfacción" pola sentenza e acusa ao PP de "instrumentalizar politicamente" o caso. A dirección de El Correo rexeita pronunciarse.
  comenta   11
A empresa que dirixe José Manuel Rey Novoa podería prescindir de 30 traballadores nas vindeiras semanas. Di que xa pagou un soldo dos sete que se lles adebedan aos seus empregados desde setembro e acusa ao comité de “mentir e delirar”.
  comenta   3
Este grupo podería despedir a 30 ou 40 persoas. O Comité de Empresa denuncia que a empresa segue sen querer comprometerse a pagar os atrasos nas nóminas dos traballadores que suman xa seis meses. O director mesmo aconsellou aos empregados que pidan un crédito para aboar os salarios.
  comenta   0
Dúas novas campañas de creación de emprego e fomento da natalidade suman máis de 2,3 millóns de euros. La Voz e Faro de Vigo foron os máis beneficiados en 2016. El Correo Gallego non recibiu certas axudas públicas. A Xunta obriga aos medios a estar ao día no pago de impostos e que non teñan débedas coa seguridade social.
  comenta   0