Epidemiólogos advirten que os rebrotes en Galicia serán importados a partir do verán

"O tema da mobilidade interprovincial e sobre todo entre as comunidades autónomas seguramente dará moito que falar os próximos tempos", asegura Juan Jesús Gestal.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 20/05/2020 | Actualizada ás 14:00

Comparte esta noticia

O profesor emérito de Medicina Preventiva e Saúde Pública Juan Jesús Gestal Otero considera que o "risco de rebrote vai seguir aí (en xullo), aínda que sexa menor que no outono", pero tamén matizou que "ninguén sabe se se vai a producir un rebrote nin cando". De feito, asegura que el confía en que non se produzan.

Control da Policía Nacional en Vigo polo estado de alarma
Control da Policía Nacional en Vigo polo estado de alarma | Fonte: © Miguel Núñez.

En declaracións a Europa Press, Gestal alertou dos rebrotes que chegarán "importados", principalmente, de turistas. "Moi pronto, nuns días, eliminarán as últimas cadeas de transmisión, e a preocupación entón será que non se importen casos. Haberá que reforzar a vixilancia epidemiolóxica para detectalos e controlalos precozmente. O tema da mobilidade interprovincial e sobre todo entre as comunidades autónomas seguramente dará moito que falar os próximos tempos", prognosticou.

"E iso dependerá do noso comportamento, non baixando en ningún momento a garda", advertiu, antes de remarcar que "a pandemia non terminou, nin terminará" ata que haxa unha vacina. Nesta liña, tamén considera básico que as autoridades sanitarias "non regateen esforzos no diagnóstico e illamento precoz" dos casos con sintomatología respiratoria e a procura exhaustiva dos seus contactos, así como a detección de asintomáticos nos colectivos máis expostos.

SANIDADE VE "EVIDENTE" UN REBROTE DURANTE O VERÁN

A Consellería de Sanidade ve "evidente" a posibilidade de que se produza un rebrote de casos de Covid-19 en Galicia ante a chegada durante a época estival de persoas procedentes doutros puntos con maior incidencia do virus.

"Canta máis xente veña, máis posibilidades hai". Así se pronunciaron cuestionados sobre os riscos da chegada a Galicia de turistas no verán os responsables do estudo de prevalencia do virus en Galicia, cuxos resultados foron presentados este mércores nunha rolda de prensa telemática por parte do director xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade, Andrés Paz-Ares Rodríguez, o director xeral de Asistencia Sanitaria do Sergas, Jorge Aboal Viñas, e o subdirector xeral de Información sobre Saúde e Epidemioloxía, Xurxo Hervada Vidal.

Deste xeito, consideran que a posibillidad dun rebrote no verán "é un elemento evidente que preocupa", polo que cren necesario "mellorar o sistema de vixilancia" para actuar "o máis rápido posible" ante a detección de positivos e agrupacións de casos.

Ademais das medidas no campo asistencial, a "concienciación" sobre a necesidade de seguir as medidas de hixiene e distanciamento social será outro dos ámbitos nos que se centrará o traballo para evitar repuntes da incidencia do bacilo en Galicia durante os próximos meses.

Con todo, os responsables sanitarios da Administración autonómico incidiron en que precisar cando poderían darse estes rebrotes resulta nestes momentos "imposible". "É imposible dar unha predición de cando. Pero canta máis xente veña, máis posibilidades hai".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta