Denucian que a Xunta segue sen dotar de medios nin reforzar a Atención Primaria para afrontar a desescalada

CCOO-Sanidade pide tamén a paralización da segunda onda do estudo epidemiolóxico para non sobrecargar aos profesionais.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 26/05/2020 | Actualizada ás 20:20

Comparte esta noticia

CCOO-Sanidade critica á Consellería de Sanidade por non reforzar a dotación de medios materiais, técnicos e humanos do Sergas para afrontar a desescalada da COVID-19, malia o incremento de responsabilidades e de funcións do persoal da atención primaria, “incluso co recoñecemento por parte do conselleiro do ramo de que cómpre reforzala”.

Así, este sindicato destaca que a Atención Primaria afronta a nova etapa da desescalada con “axendas saturadas, ausencias de persoal non cubertas, falta de médicos e médicas de familia, doentes crónicos que non tiveron seguimento durante o confinamento, calendarios de vacinas interrompidos que cómpre retomar, ao que se sumarán proximamente os desprazamentos de poboación durante o verán”.

ESTUDO EPIDEMIOLÓXICO

CCOO-Sanidade tamén solicita paralizar a segunda parte do estudo epidemiolóxico autonómico, anunciado na fin de semana polo presidente da Xunta, pero sen por aínda data, nin os recursos que se van utilizar. A intención do Goberno autonómico é testar 50 000 galegos e galegas máis.

Porén, desde este sindicato sinalan apuntando a expertos que, cos datos recollidos polo de agora, unha ampliación da mostra non modificaría os resultados, segundo os cales a prevalencia do coronavirus na poboación galega foi só do 1,15 %.

Por iso, consideran que continuar co estudo significaría “sobrecargar” os equipos de atención primaria, aínda máis cando este mesmo traballo xa se está a facer no ámbito estatal, correspondéndolle a realización das probas tamén a este persoal, que é a primeira porta de acceso á sanidade pública.

Para CCOO, agora que se retoma a atención presencial na atención primaria, “resultaría inadmisible empregar os escasos recursos noutro labor que non sexa a asistencia, diagnóstico e tratamento

Representantes da Asemblea de Áreas Sanitarias de Galicia
Representantes da Asemblea de Áreas Sanitarias de Galicia | Fonte: EP

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta