Galicia concentra o 6,1% das empresas activas no Estado

A maior parte delas están sobre todo na Coruña e Pontevedra, co 2,57% e o 2,01%, respectivamente.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/05/2020 | Actualizada ás 12:30

Comparte esta noticia

Galicia conta co 6,1 por cento das empresas activas de todo o Estado. Así se desprende dos datos do informe 'Impacto da Covid-19 sobre o tecido empresarial', de Informa D&B, no que se analiza a situación das firmas das comunidades e analiza en que punto da desescalada se atopa o sector.

As cifras que manexa esta entidade indican que un 56 por cento das empresas están en provincias que se atopan aínda na Fase 1, mentres o 44% atópanse en territorios que lograron avanzar cara á seguinte etapa do plan de reactivación do Goberno central.

Esta diferenza explícase polo caso de Madrid e Barcelona, as dúas provincias con máis empresas activas do país (co 14% e o 13% do total) e que aínda están na Fase 1. "É lóxico que na porcentaxe global máis da metade dos negocios españois estéano tamén" sinalan no informe.

As firmas de Galicia atópanse nesta última situación, e representan sobre o 6,1 por cento do total de empresas en activo de todo o Estado actualmente, sobre todo na Coruña e Pontevedra, co 2,57% e o 2,01%, respectivamente.

Cortizo, fabricante de aluminio e PVC para arquitectura e industria. REMITIDA - Arquivo
Cortizo, fabricante de aluminio e PVC para arquitectura e industria. REMITIDA - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta