Hai rumores en Lugo que sinalan que o actual fiscal xefe da provincia, Jesús Izaguirre, está a ter toques de atención dos seus superiores pola operación contra a Deputación de Lugo. O fiscal xefe da Audiencia Nacional, Javier Zaragoza, xa se ten posto en contacto con él para coñecer o alcanze da "Operación Muralla" e as posibilidades de inculpar a algúns dos imputados. Tamén dende distintos sectores da xudicatura se lle recomendou que evite novos operativos mediáticos.