Diverxencias dentro da Xunta: Feijóo paraliza a apertura dos centro de día, mentres que o Sergas apostaba por abrilos

Directores de centros din estar "totalmente abraiada por este xiro dado de súpeto e despois de que dende o propio Sergas se fixera público un plan de reactivación”

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 29/05/2020 | Actualizada ás 22:00

Comparte esta noticia

A falta de entendemento entre dúas consellerías, a de Sanidade e a de Política Social, en materia de atención aos maiores é tan evidente que levaron a que o presidente da Xunta anunciase logo do consello deste venres que os centros de día non abren despois de que a Dirección Xeral de Asistencia Sanitaria do Sergas aprobase e fixera público un plan de reativación desas instalacións a mediados do mes de maio.

A conselleira de Política Social, Fabiola García, felicita a unha usuaria do centro de Volta do Castro no seu centenario.. XUNTA
A conselleira de Política Social, Fabiola García, felicita a unha usuaria do centro de Volta do Castro no seu centenario.. XUNTA

Así o anunciou Feijóo logo do consello do Goberno autonómico, só dúas semanas despois de que a consellería de Sanidade engadise, no punto número sete do plan de reactivación do sector sociosanitario, un apartado específico para regular a reapertura dos centros de día na comunidade.

Agora, tras modificar a Xunta o plan de reactivación que o propio Sergas enviara xa aos centros residenciais e de día da comunidade autónoma, moitos centros de día teñen que anunciar que ata o mes de setembro non se retomará a actividade.

Un deses casos é o centro Raiola de Verín que tiña anunciada a súa volta á normalidade o vindeiro día 1 de xuño, toda vez que, dende a Dirección Xeral de Asistencia Sanitaria, se ditasen as instrucións precisas para que as instalacións de atención diurna para maiores, tanto dependentes da Xunta de Galicia, como de titularidade municipal (o caso do centro de día de Verín), volvesen á súa actividade.

A directora de Raiola, Chelo Ferreiro, manifestou no Diario do Támega estar "totalmente abraiada por este xiro dado de súpeto e despois de que dende o propio Sergas se fixera público un plan de reactivación que permitía a reapertura dos centros de día. De feito, xa se mantiveran contactos coas familias e se tomaron todas as medidas que o propio Sergas indicaba para que o centro de día poidese recuperar a súa actividade".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta