Piden 5 anos de prisión para un home que abusou sexualmente dunha menor

A vítima era parente del.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/05/2020 | Actualizada ás 14:39

Comparte esta noticia

O Ministerio Fiscal pide á Audiencia Provincial da Coruña 5 anos de prisión para un home ao que se lle acusa de abusar sexualmente dunha menor en outubro de 2017 no seu domicilio.

As dilixencias abertas contra o presunto abusador proceden do xulgado de instrución número 1 de Ribeira. A fiscal relata en 2017 o home entrou na habitación onde estaba a menor vendo a televisión "coa escusa de instalar a wifi".

Nese momento achegouse a ela e, tombándose na cama ao seu lado, ofreceulle diñeiro para comprar lambetadas e "ao mesmo tempo comezou a realizarlle tocamentos en zona vaxinal e peitos". Só parou cando a menor lle propinou un lapote, reza o documento.

Ademais, noutra ocasión, días despois, a menor estaba no baño e o seu parente achegouse a ela por detrás e empezou a "fregar os seus xenitais contra ela" ata que ela o empuxou para separarse.

Por estes motivos, a audiencia provincial xulgará o caso o próximo 5 de xuño, ás 9,30 horas da mañá na sección sexta, situada en Santiago. Alí, o home será xulgado a porta pechada por un delito de abusos sexuais.

Enfróntase a unha pena de cárcere de 5 anos e ao pago dunha indemnización de 6.000 para o representante legal da menor polos danos morais causados.

Audiencia Provincial da Coruña.
Audiencia Provincial da Coruña.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta