GC Aberto

E despois do Coronavirus... que?

Por admin | Santiago de Compostela | 02/06/2020

Comparte esta noticia

Situémonos nun escenario novo, no que será necesario levar a cabo cambios na organización do Sistema Sanitario Público Galego e especialmente na Atención Primaria (AP). Tanto nas instalacións dos centros sanitarios, como na forma en que se levará a cabo a atención xs doentes. Para iso, temos que ter en conta os criterios de separación social que son recomendables mentres dure a emerxencia sanitaria; pois ben, os traballos realizados ata agora, no Consello Técnico (CT) de AP de Galicia, nas 16 Comisións Técnicas, polas 206 persoas que formamos parte del, exiximos que a administración nos achegue as conclusións, que sabemos que están elaboradas por cada Comisión, e facer a valoración final no propio CT (por consenso), para poder definir o proceso que culmine nun Novo Modelo de Atención Sanitaria. (Evidentemente este será o único camiño e non que a administración siga recavando a opinión de “expertxs” ou de colectivos de amiguetes do poder). Entre outras moitas cousas descritas nos traballos das Comisións, están as seguintes:

Sanitario
Sanitario | Fonte: © Miguel Núñez.

Na cuestión das formas telemáticas de comunicación cos Centros de Saúde, o rural galego teno dificil de implementar, polas características do País (sen acceso a internet en moitísimos concellos). Usarase a cita telefónica previa, e as outras medidas onde se poida, para ser atendidx nos centros sanitarios. Evitaranse as aglomeracións, tanto en salas de agarda, como nos medios de transporte. Que a AP teña acceso a tódalas probas diagnósticas en tódalas Áreas Sanitarias por igual. Que poidamos facer a proba diagnóstica do Coronavirus a tódalas persoas que consideremos, sen ter que pasar por ningún filtro previo. Seguir mantendo unha atención preferente ós grupos vulnerables: Diabéticxs, Cardiópatas, EPOC, Inmunodeprimidxs, Oncolóxicxs, etc.

Seguir mantendo os dous circuítos de acceso ós centros: un para pacientes sospeitosxs de Coronavirus e outro para as diferentes patoloxías. Non ter máis de 30 consultas diarias por profesional. Poder ter 10 minutos mínimo por paciente, se así o considera o/a profesional. Cupos sanitarios de non máis de 1.250 tarxetas sanitarias (o que leva a desdobrar cupos e poñer máis persoal). Substitutxs onde faga falta, sin salarios de miseria, nin múltiples contratos de escravitude e sin condicións de precariedade manifesta. Convocatoria inmediata de tódalas prazas vacantes no SERGAS: contactar cos representantes dxs traballadorxs, para facer o censo de profesionais, ver as prazas vacantes e as prazas que é preciso cubrir. Ter prazas MIR, FIR, EIR, PIR, que cubran realmente as necisidades dxs profesionais que fan falta. Seguir mantendo a PREVENCIÓN dende a AP, como principal obxectivo de traballo a curto prazo. Traballo en EQUIPO.

  

Incorporación inmediata de profesionais de novas categorías ós Centros de Saúde: Psicólogxs Clínicxs, Fisioterapeutas, Terapeutas Ocupacionais, Logopedas,… así desmedicalizaríase moita patoloxía. Poñer, dende a administración, os recursos suficientes ós/ás profesionais de AP que atenden xs pacientes das Residencias de maiores, para minimizar os riscos de padecer enfermidade. Se o centro residencial carece de persoal médico propio, o equipo de AP responsable do centro residencial realizará o seguimento, para descartar a presenza de novos síntomas nas persoas residentes, e que se poida alertar sobre un caso de infección COVID-19 ou outro tipo de doenza. Hoxe soubemos que Rajoy recortou 5.000 millóns de euros para Dependencia na súa lexislatura!, segundo a Asociación Estatal de Directoras y Gerentes de Servicios Sociales. Realización de test válidos de diagnóstico a TODO O PERSOAL SANITARIO XA! 

Incrementar as camas hospitalarias da rede de xestión pública: segundo os dados feitos públicos en abril do 2020, polo Instituto Galego de Estatística, Galicia conta cun milleiro menos de camas que fai unha década. No orzamento, diminuíu en 1.000 millóns de euros dende o 2009; debemos recuperar ese orzamento e compararnos cos países da Unión Europea. No tema do gasto sanitario por persoa, según o informe da Comisión Europea en 2019 (o fai cada 2 anos) no estado español gastou 2.371 €, frente a 3.700 de Noruega, 3.600 de Alemania, ou 2.884 da UE. Temos que igualar o gasto por persoa en tódalas CC.AA e chegar á media europea.

Temos que acabar cas privatizacións e recuperar o privatizado: que xs que traballan na privada, NON o poidan facer con pacientes da Área Sanitaria onde traballan na Pública, como di a Lei.

A Sanidade Pública Galega precisa dun cambio. Nas vindeiras eleccións temos a oportunidade de facelo. De nós depende. O que está en xogo é o futuro: noso, dxs nosxs fillxs e netxs. Fagámolo posible!

Dr. Xosé M.ª Dios Diz, Médico de AP de Outes. Compostela, 1 de xuño do 2020.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Nas vindeiras eleccións temos qué....? A nosa experiencia é que unha vez que pillan sillón todo o que prometen en campaña vai parar ao caixón !!! Para mosta un botón https://twitter.com/00Gamela/status...