Por E.P. | Santiago de Compostela | 01/06/2020 | Actualizada ás 16:55
A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, defendeu que a súa formación ten un "proxecto de país" e preséntase para "liderar unha alternativa" política, pero se non hai maioría absoluta, asegurou que "vai haber unha alternativa para o país" pola esquerda, en referencia aos potenciais socios de PSdeG e Galicia en Común.
Díxoo en resposta á pregunta de que o líder de Galicia en Común, Antón Gómez-Reino, dixo que non consideraba "rivais" nin a socialistas nin nacionalistas nunha entrevista na Ser.
"Nós o 12 de xullo presentámonos para darlle unha alternativa (aos galegos), non imos en contra de ninguén, senón a favor (de Galicia) e para demostrar que temos impulso para recuperar a capacidade para o noso país, máis necesario que nunca despois do covid", manifestou Pontón.
Dito isto, indicou que se non hai unha maioría do BNG, "vai haber unha alternativa" pola esquerda, pero insistiu en que a súa primeira "misión neste momento" e para o que "está a traballar" é para pór enriba unha "alternativa" e conseguir "a nacionalización de Alcoa e unha tarifa eléctrica", como primeiras medidas.
Pontón asegurou que o BNG percibe na rúa que é "unha forza política á alza", a que "máis crece no país", e insistiu en que se presenta para "liderar o próximo goberno da Xunta". Así, augurou "un cambio" político nas urnas o próximo 12 de xullo e ofreceu un 2proxecto serio e solvente".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.