Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/06/2020 | Actualizada ás 19:36
A Televisión de Galicia rexistrou durante o mes de maio unha cota de pantalla do 9,7% no conxunto do día e dun 10,1% en prime time e foi líder de audiencia entre a mocidade.
Segundo explicaron desde a compañía, a TVG mantivo no mes de maio o liderado das súas franxas informativas de mediodía e foi a canle elixida maioritariamente entre os espectadores de entre 13 e 24 anos.
Entre os 25 espazos máis vistos en Galicia neste mes, só aparecen 5 informativos, todos eles da TVG. Así, 'Galicia noticias', xunto co 'Telexornal mediodia' situáronse entre os seus máximos anuais de audiencia con cotas para o 'Galicia noticias' dun 25,9%, ou de ata o 24,1% para o telexornal.
Nos últimos días do mes, coincidindo coa volta controlada de público aos programas en directo, o prime time da TVG conseguiu cotas próximas ou que superan o 14% con 'Land Rober Tunai Show', 'Luar' e 'Bamboleo'.
En relacion á rede de canles autonómicas reunidos en FORTA, a TVG supera a media de canles autonómicas en 1,8 puntos de cota máis no conxunto do día e 1,6 puntos máis no prime time.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.