Temas: CRISE PROTESTA CIG

A CIG convoca protestas o vindeiro martes para esixir a Xunta e Goberno central unha saída "xusta e galega" á crise

As protestas sairán o martes desde diferentes puntos de cada cidade, aínda que confluirán preto das 11,00 horas.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 02/06/2020 | Actualizada ás 20:38

Comparte esta noticia

O sindicato CIG convocou marchas no sete cidades galegas para esixir á Xunta e ao Goberno central a adopción de políticas e medidas que permitan unha saída "xusta e galega" á crise económica e social do país debido á COVID-19 e a xestión da alerta.

Paulo Carril, da CIG
Paulo Carril, da CIG | Fonte: CIG

As protestas sairán o martes desde diferentes puntos de cada cidade, aínda que confluirán preto das 11,00 horas nunha praza para celebrar unha asemblea na que se avaliará a situación actual, as medidas aprobadas desde o inicio da pandemia e as posibles alternativas.

En concreto, concluirán na Praza de Pontevedra na Coruña; Praza de Armas en Ferrol; Praza da Quintana en Compostela; Praza de Santa María en Lugo; Praza Maior en Ourense; Alameda en Pontevedra; e ante o Marco (Rúa do Príncipe) en Vigo.

O sindicato reclama a necesidade de recuperar a mobilización para forzar un cambio de políticas "que permita que a saída da crise non recaia novamente na clase traballadora".

En contraposición ás "inxustas medidas de corte neoliberal e recentralizador" dos últimos meses, esixen a derrogación "inmediata" da reforma laboral, da reforma das pensións de 2011 e 2013 e a da negociación colectiva, ademais de políticas públicas "que concentren todos os recursos existentes" a favor dos intereses das maiorías sociais.

O secretario xeral da CIG, Paulo Carril, chama a "reactivar a acción nas rúas" cumprindo coas medidas de seguridade necesarias e reivindica a resposta dada pola central ás "insuficientes e inxustas" medidas aprobadas polo Estado e o "abandono de funcións" practicada pola Xunta.

O sindicato dá por feito que non haberá problema en cumprir con estas protestas, tras recibir un escrito da Subdelegación de Goberno da Coruña informando as medidas de prevención necesarias en resposta a unha comunicación conxunta do percorrido das marchas.

Temas: CRISE PROTESTA CIG
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Que llo conten a Nestor Rego para que vote NON ao Estado Autoritario en Madrid ! É ben fácil premer un botón e dicir que NON tragamos con máis mentiras ! Pero seica estamos en campaña electoral (?)