Inhabilitado o ex-alcalde do PP de Carnota por prevariación administrativa

A condena por contratos de traballo ilegais alcanza tamén á ex-tenente de alcalde. De facerse firme a sentencia, serían apartados da vida pública durante 7 anos.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/06/2020 | Actualizada ás 14:00

Comparte esta noticia

O ex-alcalde de Carnota José Oreiro e ex-tenente de alcalde Marisol Piñeiro veñen de ser condenados por un delito de prevaricación administrativa  por contratos de traballo ilegais asinados durante o seu mandato. De facerse firme a sentencia, quedarían inhabilitados para o exercicio de ningún cargo público durante 7 anos.

O ex-alcalde de Carnota José Oreiro co ex-conselleiro de Medio Ambiente Agustín Hernández
O ex-alcalde de Carnota José Oreiro co ex-conselleiro de Medio Ambiente Agustín Hernández | Fonte: xunta.gal

Segundo sentenciou o Xulgado do Penal da Coruña, alcalde e tenente de alcalde do municipio coruñés entre 2007 e 2011 son responsables dunha contratación desenvolta á marxe dos procedementos fixados pola lexislación vixente, "como poden ser a transparencia e a publicidade do posto", segundo apunta nun comunicado o BNG.

170.000 EUROS PÚBLICOS

A agrupación nacionalista, que exerceu a acusación popular no preito, xa defendera a irregularidade do contrato desenvolto baixo a administración popular. Agora, anuncia que solicitará ó consistorio -en mans do PSOE- que recorran o fallo para esixir ós ex-mandatarios unha restitución solidaria do dano económico, cifrado en máis de 170.000 euros extraídos das arcas municipais. O grupo carnotán do BNG, que afirma non dispoñer de recursos legais para facer a petición, avoga por destinar a contía "á atención das necesidades sociais" nun momento "moi duro para a veciñanza".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 non o vexo¡¡

Nada olvídense... esto se arregla en segunda instancia como dios manda¡¡¡¡