Cinco tendencias  para o 2013 en Social Media

Estreo a miña colaboración co Galicia Confidencial cun artigo centrado nos medios sociais e no que penso que evolucionará como tendencia neste 2013 que vén de nacer. Para min, son fundamentalmente cinco, fóra doutras cuestións que xa veñen de atrás e que, naturalmente, seguirán medrando, como a relevancia da gamification en toda acción social, ou o incremento da importancia da xestión de datos online (Big Data).

Por Rubén Bastón | Bueu | 14/01/2013

Comparte esta noticia
  1. Difuminación progresiva do Social Media

A asunción de que xa todo en Internet é Social Media, no sentido de que toda web ten fiestras para a participación e toda campaña ten en conta desde o nacemento a súa parte social, levará a unha caste de implosión do concepto. Isto facilitará que se normalice todo o vencellado coa comunicación social online para que se integre de xeito estruturado nas accións de marketing online. Esta situación non ha deixar sen traballo aos incipientes Community Managers, non obstante provocará (e eles deben prepararse para iso) que sexan entendidos como profesionais que contribúen cunha expertise parcial que debe complementarse necesariamente con coñecementos de marketing global.

2. Marketing4eCommerce
Extinguirase o crédito de xustificacións do Social Media como “hai que estar” ou “é para facer marca”. As accións en medios sociais deberán orientarse moito máis á medición de resultados. Isto non quere dicir que só se fagan accións que xeneren vendas a curto prazo, pero si que se dimensionarán mellor os resultados que ofrecen e o seu valor, pois haberá xa un histórico fiable de datos para xestionar as expectativas. Para Social Media, as medicións de clics e leads serán sempre máis baixas e caras que noutros soportes publicitarios push, pero a medida que se implementen sistemas de seguimento a First Time Buyer e Buyer Life Time Value, os datos xenerados polas canles sociais cobrarán especial valor.

3. Social Mobile Commerce
Baixo o meu punto de vista, e esta é das arriscadas, a explosión da tecnoloxía NFC (Near Field Communication) como fórmula para facer todo tipo de interaccións sen fíos co móvil restaralle peso aos códigos QR e Bidi e impulsará aínda máis a compra a través dos dispositivos móbiles. Isto favorecerá a expansión do Social Commerce orientado xa non tanto a estratexias de venda social pensadas para vivirse na pantalla do ordenador, como a ser vistas en mobilidade e xenerando compra por impulso nun contorno social e de confianza.

4. Madurez de Facebook, dominio de Twitter, crecimiento redes móbiles
Facebook manterá a súa preminencia en tráfico, pero cada vez cun target máis maduro en idade e menos experimentado online (menor valor de mercado para ecommerce). Twitter  será a rede social dominante tanto a nivel de conversación como polo atractivo do seu público: unha grande masa que abrangue mozos fuxidos de Tuenti e Facebookheavy users e público profesional; a publicidade nesta plataforma terá un gran crecemento. Os early adopters, algo saturados da masificación de Twitter (xa ni falarlles de Facebook), seguirán buscando experiencias cualitativas en redes móbiles como Instagram ou Foursquare ou Path ou…

5. Todo na nube
O Personal Cloud será xa irrenunciable. Preguntarémonos cómo podiamos vivir sen que os nosos distintos dispositivos (móbil, tablet, portátil) falen e se sincronicen automaticamente. E a “Internet das Cousas”, fará que se engadan á lista de “amigos” que se sincronizan as cámaras de fotos, gravadoras de audio, neveras, marcos dixitais, televisores…

En definitiva, un ano apaixonante, nesta Internet que non deixa de ser un neno en continua e estresante evolución.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Rubén Bastón Rubén Bastón (Bueu, 1982) é o director global do servizo de Social Media da empresa internacional de marketing online Elogia. Estudou Xornalismo na Universidade de Santiago de Compostela. Mentres adquiría experiencia en La Voz de Galicia e na Radio Galega, adentrouse a fondo no mundo de Internet primeiro con proxectos de comunicación vía web e despois mediante blogs. Especializouse en 2.0 no 2007, cando entra en Elogia para impulsar o departamento de medios sociais. É coautor de dous dos libros colaborativos de referencia dos inicios da Web 2.0 en España: “Web 2.0 y empresa: manual de aplicación en entornos competitivos” (ANEI, 2008); “Libro Blanco de los medios sociales” (IAB-Spain, 2009). Colabora como profesor en varios cursos e posgraos vinculados ao Community management e a estratexia dixital ademais de ser conferenciante habitual en eventos de Social Media en Galicia, Barcelona e Madrid. O seu blog profesional 'Comunicación en medios sociales': http://rubenbaston.org