Sanitarios e sindicatos chaman a "encher as rúas" contra a privatización nun novo "Nunca Máis"

A mobilización, convocada para este día 20 en todo o estado, demanda a derogación da lei que permite a xestión privada de hospitais públicos

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/06/2020 | Actualizada ás 11:36

Comparte esta noticia

Remata a emerxencia sanitaria e os aplausos nos balcóns, chegan as manifestacións. A Comisión Antiprivatización da Sanidade -composta entre outros por CNT e profesionais do gremio- chama á primeira gran mobilización en defensa da sanidade pública tralo desconfinamento. 

Manifestación en defensa da sanidade pública na Praza da Quintana
Manifestación en defensa da sanidade pública na Praza da Quintana | Fonte: Arabia Diez Twitter

Consideran que o "espectáculo" vivido en hospitais e centros de saúde nestas semanas é consecuencia da política de recortes de "anos de privatización do sistema sanitario". "Hospitais colapsados con pacientes no chan, profesionais obrigados a dedicir a quen salvavan a vida por falta de respiradores...". En consecuencia, chaman á cidadanía de todo o estado a mobilizarse para esixir a derogación da regulación que deu pé á xestión privada de hospitais.

En concreto, a Comisión demanda abadonar o artigo 90 da Lei Xeral de Sanidade e a lei 15/97 (esta ao completo), que abriron a porta ó concerto público-privado e á xestión por parte de empresas de hospitais públicos a través de concesións, respectivamente.

INDUSTRIA FARMACÉUTICA PÚBLICA

A manifestación convocada pola CAS encádrase na campaña "Nunca máis", que recolle entre outras demandas garantir o acceso sanitario para toda a poboación, "incuídos os migrantes en situación irregular".

Outras demandas da iniciativa, secundada por máis de 100 organizacións en todo o estado, pasan pola "creación dunha industria farmacéutica pública", o rescate dos centros en mans de empresas e a imposición de sancións ás clínicas privadas que "fecharon en plena pandemia".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta