Temas: MúSICA

Ex Simple Minds actúa en Santiago e Vigo

A banda escocesa liderada por Derek Forbes e Brian Mc Gee estarán o venres na Sala Capitol de Santiago e o sábado na Fábrica de Chocolate de Vigo.

Por GC Tendencias | Compostela | 17/01/2013 | Actualizada ás 17:00

Comparte esta noticia

A banda escocesa XSM, formada por dous membros do coñecido grupo Simple Minds, recala en Galicia na súa xira mundial neste 2013. 

Brian McGee e Derek Forbes, de Ex Simple Minds
Brian McGee e Derek Forbes, de Ex Simple Minds

Derek Forbes e Brian Mc Gee son os dous membros que permanecen nos Ex Simple Minds da formación orixinal dunha das bandas máis importantes na historia da música dos últimos 30 anos. Neste concertos poderanse escoitar boa parte dos grandes éxitos que fixeron mundialmente coñecido a este grupo, que tiveron a súa época dourada nos anos oitenta. 

Temas coñecidos

Cancións como "Themes for great cities", "Love Song", "I travel", "The American", "Changeling" ou "Chelsea Girl", serán algúns dos emblemáticos temas que volverán interpretar nesta xira, e que de seguro os seus fans recordarán. 

A banda actuará estevenres 18 de xaneiro ás 21,30h en Santiago de Compostela, na Sala Capitol, e o sábado a cita será en Vigo, na Fábrica de Chocolate, á mesma. Hora. Tanto Forbes como Mc Gee participaron en varias das xiras internacionais de maior éxito dos Simple Minds, e Derek Forbes vén de ser nomeado como o mellor baixista de Escocia.

 Artista convidada

Como artista convidada, XSM traerán a unha das voces que está causando sensación en toda Europa, a cantante Anne van der Heijden, pretendida xa por varias das bandas máis importantes do momento, e que acompañará a formación dos XSM en varios dos seus temas.

Temas: MúSICA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta