Un novo modelo de oposicións que dependa "das competencias" e non "da sorte"

A Deputación de Pontevedra formula un cambio no sistema de selección para "premiar as competencias e non a memorística". Esperan que a iniciativa "sirva de referencia" para outras administracións.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/06/2020 | Actualizada ás 15:22

Comparte esta noticia

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, e o vicepresidente da institución, César Mosquera, compareceron este venres en rolda de prensa para anunciar a súa intención de modificar o sistema de oposicións para premiar as competencias e non a memorización para que a selección de persoal "non dependa da sorte" do exame que "toque".

Carmela Silva explicou que este proxecto nace de "un estudo moi profundo" e "moi ben argumentado" que, apunta, servirá será "tomada como referencia" por outras administracións locais.

Mosquera admitiu que nos últimos anos avanzouse na equidade no acceso ao traballo público. "Estamos mal", advertiu en relación aos procesos selectivos porque son probas "terriblemente memorísticas", abundou, non adaptadas ao perfil de competencias. Por iso avoga por un proceso "moito máis rigoroso, máis científico e ecuánime".

BASES

A Deputación de Pontevedra contratará a dúas persoas, que serán funcionarios interinos, para que durante tres anos redacten unhas bases, asesoren aos concellos e tribunais de oposición e elaboren material para que os procesos selectivos melloren.

Oposicións
Oposicións

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta