A COVID-19 golpeou especialmente ó sector cultural cun 30% de empresas en ERTE

A incidencia dos ERTES no sector foi superior ó promedio. Tamén a creación de empresas descendeu máis que a nivel xeral, segundo un estudo.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/06/2020 | Actualizada ás 12:09

Comparte esta noticia

A cultura foi un dos sector máis afectados pola crise do coronavirus no marco de Galicia. Así o constanta un informe desenvolto polo Observatorio da Cultura Galega, que reflicte unha incidencia "maior" que a media da economía da comunidade. 

Ibuprofeno Teatro presenta 'Ou Furancho' no Salón Teatro de Compostela.. IBUPROFENO TEATRO - Arquivo
Ibuprofeno Teatro presenta 'Ou Furancho' no Salón Teatro de Compostela.. IBUPROFENO TEATRO - Arquivo | Fonte: Europa Press

Segundo recolle o estudo 'Conxuntura estatística do ámbito cultural',  667 empresas do sector cultural -das que dependen máis de 4.000 empregados, preto do 30% do total- solicitaron un ERTE. En total, rexistrouse a perda de 1.002 cotizantes, cifra que supón caída do 6,3% do total. Este retroceso sitúase 2,1 puntos por riba do descenso medio de emprego en Galicia. A caída das exportacións tamén afectou máis a produtores culturais que a outros sectores. 

Máis grave é a diferenza entre a caída da exportación cultural e o conxunto da economía. O Se o descenso da media da comunidade se sitúa no 23'9%, no eido cultural chega a unha baixada do 39'4%, amosando de novo unha incidencia especialmente marcada.

Tamén descendeu a creación de empresas relacionadas coa cultura. Entre xaneiro e maio a conformación de sociedades cifrouse en 44 entidades, 11 menos que no mesmo período do 2019. A baixada foi máis acusada as actividades de creación, artísticas e espectáculos (-10,4%), seguida de cinematografía, programas de televisión e edición musical.

MENOS AFLUENCIA

Detrás deste esborrallamento de cifras atopamos unha menor vontade por parte dos galegos de asistir a espectáculos culturais nos próximos meses. Como consecuencia da crise da COVID-19, tan só o 57'8% dos fogares da comundiade prevén saír nos próximos tres meses ao teatro ou o cinema, unha cifra 5 puntos menor á etapa pre-crise e a máis baixa nos últimos dous anos.

O dato esperazandor dano as cifras de afiliación ó sector, que entre abril e maio creceron nun 2'7%.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta