Afundación organiza este xoves o foro 'Diálogos con Pepe Solla'

O cociñeiro galego falará con destacadas figuras do ámbito cultural e artístico.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 17/06/2020 | Actualizada ás 19:02

Comparte esta noticia

Afundación en casa presenta este xoves a súa nova proposta 'Diálogos con Pepe Solla', un foro de encontro cultural no que o cocinero galego charlará con destacadas figuras do ámbito cultural e artístico galego sobre as distintas consecuencias da pandemia.

O primeiro encontro terá lugar este xoves, ás 19.30 horas e contará co escritor e avogado pontevedrés Manuel Loureiro como protagonista. A charla será en directo, de acceso libre e gratuíto, e todas as persoas previamente inscritas neste evento poderán interactuar cos protagonistas.

Pepe Solla é o impulsor do grupo NOVE e de Casa Solla, o restaurante familiar estrela Michelin fundado en 1961, lembran os promotores do evento.

O chef Pepe Solla
O chef Pepe Solla

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta