Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/06/2020 | Actualizada ás 14:30
Traballadores dependentes da Consellería de Política Social manifestáronse este xoves 11 por cuarta semana consecutiva contra o "recorte de dereitos" perpretado pola administración popular en 2012. A mobilización, convocada para todos os centros de atención primaria de Galicia, incluíu unha concentración ante a sede da Xunta no barrio compostelán de San Caetano.
Neste aspecto, traballadores e sindicatos lamentan a actitude da conselleira de Política Social, Fabiola García, que "despois de 4 semanas, non se dignou a chamar ás organizacións convocantes para coñecer as súas demandas". "Siguen negando unha saída negociada ó conflito, facendo oídos xordos ás xustas reivindicacións do persoal", apuntan os convocantes. Por iso, CIG, CSIF, UGT e CCOO, xa anunciaron que continuarán co calendario de mobilizacións ata que os seus requerimentos sexan escoitados pola conselleira.
En concreto, as mobilizacións chaman a incrementar o número de prazas dos centros nunha "aposta decidida" polos servizos públicos que tamén comprendería a transformación dos contratos parciais en xornada compeleta.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.