O líder do PPdeG "asistirá seguro" ao debate da TVG "igual que o resto de forzas tamén que o farán con moito gusto"

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/06/2020 | Actualizada ás 18:38

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, confirmou este venres que "asistirá seguro" ao debate con todos os candidatos que a Corporación Radio e Televisión de Galicia (CRTVG) convocou para o 29 de xuño, con motivo das eleccións do 12 de xullo.

"A TVG celebra debates desde fai lexislaturas e, por suposto, o candidato do PPdeG asistirá seguro a ese debate, como estou convencido de que o farán todo o resto de aspirantes que se presentan encabezando candidatura", dixo o tamén líder dos populares galegos, na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta.

"Xa é un clásico da CRTVG e entendo que todas as forzas aceptarán con moito gusto", apostilou o mandatario autonómico, sobre un debate que en 2016 acolleu a cinco forzas políticas e que agora será con sete cabezas de cartel.

Concretamente, Televisión de Galicia prevé un debate cos candidatos de sete forzas políticas, entre representativas (consideradas as que teñen presenza no Parlamento: PPdeG, En Marea, PSdeG e BNG) e significativas (Galicia en Común-Anova Mareas, Ciudadanos e Vox).

Ademais, presentou un plan de medios no que se inclúen outros oito debates: un en televisión e outro en radio por cada unha das catro provincias galegas. A estes debates poden asistir calquera aspirante das listas de cada circunscrición, incluídos aosabeza de cartel para a Presidencia da Xunta.

Feijóo despois do debate electoral da CRTVG 25S. EUROPA PRESS - Arquivo
Feijóo despois do debate electoral da CRTVG 25S. EUROPA PRESS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta