O sector servizos galego, na UCI: a facturación caeu un 43% en abril, por riba da media do estado

Galicia perdeu menos emprego que o promedio de comunidades.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/06/2020 | Actualizada ás 12:17

Comparte esta noticia

A crise económica derivada do coronavirus atacou con especial forza ó sector secundario da economía galega, que no mes de abril rexistrou un esborrallamento histórico. Segundo publica o INE, a facturación do sector servizos de Galicia descendeu nun 43'6% con respecto ó mesmo mes do ano 2020 como consecuencia da parálise imposta polo estado de alarma.

Facturación do sector servizos en abril. EPDATA
Facturación do sector servizos en abril. EPDATA | Fonte: Europa Press

O dato de Galicia resulta especialmente dramático, situándose máis de dous puntos por riba da media do estado, que chegou a descender o 41'4%. Esta diferenza porcentual dá proba da particular dependencia de Galicia da hostalaría e, especialmente, do turismo, o sector máis golpeado cunha caída que o INE estima no 90%. Nesta liña, as comunidades máis afectadas foron Baleares -cun esborrallamento do 61%- e Canarias -57'9%-.

MENOS DESEMPREGO

Se ben a paralización "case total" da economía afectou de xeito especial á facturación galega, o mercado laboral galego semella ser lixeiramente máis resistente que a media do estado. A erosión provocada polo virus cobrou un 5'5% da ocupación media de todas as comunidades, mentres que en Galicia o emprego caeu un 5'2% no mesmo mes de abril.

As caídas recollidas polo INE afectan a practicamente todos os sectores da economía, dende a venda de vehículos de motor (que perde un 84'4% de vendas con respecto a 2019) ó transporte de pasaxeiros, cuxa facturación descendeu nun 70%.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta