Educación abre este martes a inscrición ás oposicións para prazas de catedrático

Haberá 40 especialidades de Secundaria, sete da Escola Oficial de Idiomas e trece de Artes Plásticas e Deseño.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/06/2020 | Actualizada ás 12:33

Comparte esta noticia

O proceso de acceso aos corpos de catedráticos de Secundaria, Artes Plásticas e Deseño e Escolas Oficiais de Idiomas abrirase este martes, 23 de xuño. O Diario Oficial de Galicia publicou a orde pola que comeza o prazo de inscrición para as oposicións, que inclúen 1.300 prazas para estes sectores.

Facultade de Historia da Universidade de Santiago
Facultade de Historia da Universidade de Santiago | Fonte: Iago Pillado en Wikipedia.

O prazo estenderase entre este martes e ata o próximo 14 de xullo, ambos os incluídos, e convócanse postos para 40 especialidades de Secundaria, sete de EOI e 13 de Artes Plásticas e Deseño.

Para poder presentarse ao proceso, será necesario ser funcionario de carreira destes corpos, unha antigüidade de oito anos como persoal funcionario nalgún dos citados e estar en posesión do doutoramento, licenciatura, enxeñaría, arquitectura ou título de grao correspondente á especialidade.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta