Prosagap: “A Tarxeta Gaivota de Feijóo é populista, electoralista, frívola e humillante para os sanitarios"

Este sindicato de sanitarios reclama “actuacións serias e suficientemente solventes, e non parches propagandísticos”.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 22/06/2020 | Actualizada ás 21:25

Comparte esta noticia

O sindicato de sanitarios Prosagap critica duramente o bono regalo de 250 euros co que a Xunta quere gratificar a 20.000 profesionais da saúde. “Rexeitamos esa Tarxeta Gaivota”, critican nun comunicado no que denuncia que é  unha medida “populista, electoralista,  frívola e  humillante”.

Así, este sindicato lembra que, durante o que vai de pandemia , os profesionais  da sanidade    demostraron  “unha lealdade  impagable en defensa da Sanidade Pública”. “Arriscamos a nosa saúde ao enfrontarnos á  COVID sen  medios de protección  suficientes nin adecuados, aguantamos  xornadas de traballo extenuantes por non dispoñer de recambios de epis nin de persoal, separámonos das nosas familias nuns casos e noutros padecimos a carga emocional do medo de poder contaxialas ao chegar aos nosos fogares”, indica nun comunicado.

“E, a pesar de todo isto, tentamos botar o resto que nos quedaba para acompañar aos nosos pacientes e que non lles faltase un sorriso , unha man que estreitar nos momentos difíciles e de total soidade”, di. Por iso, esixe ao presidente Xunta de Galicia que realice o investimento necesario  na adquisición de  Epis e “contrate a persoal estable” para poder seguir facendo fronte á pandemia. “Non estamos dispostos a seguir soportando esta situación e a desculpa do imprevisible da situación xa non nos vale”, destaca Prosagap  .

Por iso, reclama “actuacións  serias e suficientemente solventes, e non parches propagandísticos” ao tempo que reclama unha sanidade pública “sen recortes, privatizacións e externalizacións”.

Profesionais sanitarios traballan nun hospital. FRANCISCO HAVIA
Profesionais sanitarios traballan nun hospital. FRANCISCO HAVIA | Fonte: UNIVERSIDADE DE VIGO

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta