Temas: XUNTA FP

A oferta de FP inclúe preto de 30.000 prazas o próximo curso

A Xunta destaca a FP Dual, con 768 prazas.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/06/2020 | Actualizada ás 18:17

Comparte esta noticia

A oferta de prazas de formación profesional para os centros galegos contará con preto 30.000 prazas o próximo curso. En concreto, serán unhas 29.178 en primeiro curso en centros públicos, en 1.188 ciclos e programas formativos autorizados. O Diario Oficial de Galicia publica este xoves o calendario completo de títulos para este período, no que se inclúen novidades para diferentes proxectos de FP Dual.

Delas unhas 21.412 prazas serán de réxime ordinario (8371 en grao medio, 8991 en superior, 3510 en FP Básica e 540 en programas formativos para persoas con necesidades específicas). Así mesmo, unhas 4.198 son de réxime modular para persoas adultas -2.118 grao medio e 2.080 en grao superior-, e 2.800 a distancia -1.000 en grao medio e 1.800 en superior-.

A Xunta destaca a oferta de FP Dual, con 768 prazas (375 en grao medio e 393 en grao superior) e 56 novos proxectos dos que 22 entrarán en funcionamento na provincia da Coruña, 12 na de Lugo, 15 na de Pontevedra e 7 na de Ourense.

Entre eles, o grao superior en Termalismo e Benestar, que se implantará no CIFP A Farixa, un título deseñado polo Ministerio de Educación a petición de Galicia que se implantará nunha zona de tradición con este sector. Doutra banda, o IES a Pinguela de Monforte de Lemos contará co ciclo de grao medio de Calzado e complementos de moda.

Imaxe de arquivo dun traballador. MINISTERIO DE TRABALLO - Arquivo
Imaxe de arquivo dun traballador. MINISTERIO DE TRABALLO - Arquivo

Temas: XUNTA FP
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta