A Mostra Internacional de Teatro Universitario de Ourense cumpre 25 anos

O seu director critica "a falta de sensibilidade" do actual equipo de goberno municipal co sector cultural.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/06/2020 | Actualizada ás 20:06

Comparte esta noticia

A Mostra Internacional de Teatro Universitario (MITEU) de Ourense presentou este xoves a programación da que será a súa vixésimo quinta edición, que se desenvolverá do 2 ao 15 de xullo, nun momento especialmente "emocionante e complexo".

Así o sinalou o seu director, Fernando Dacosta, nun acto no que estivo acompañado pola directora do Teatro Principal de Ourense, Olga Mojón; a vicerreitora do Campus de Ourense, Esther de Blas; a deputada de Cultura, Patricia Torres, e o director xeral de Políticas Culturais da Xunta, Anxo Lorenzo, como representantes das entidades patrocinadoras.

A Mostra Internacional de Teatro Universitario de Ourense contou con representación de 47 países e acolleu máis de 700 espectáculos, cun total de 5.000 participantes. No que respecta ao público, coa edición deste ano aspira a alcanzar os 200.000 espectadores, sinalou o seu director, ao facer balance destes 25 anos.

A crise sanitaria pola COVID-19 obrigou a atrasar as datas iniciais e a edición "arrincará con todas as medidas de seguridade para facer que volva á súa esencia, que volva á cultura", remarcou Dacosta.

Esta edición é especialmente "difícil" porque o Concello de Ourense, principal patrocinador en anos anteriores, anunciou a retirada do seu apoio á cita, unha achega económica que "nesta edición ascendía a 29.000 euros, unha cifra por baixo de anos anteriores".

Así, Fernando Dacosta fixo fincapé na "falta de sensibilidade do actual equipo de goberno do órgano municipal cara ao sector cultural", ao que tamén cualificou, de maneira persoal, como "outro virus demoledor".

Presentación da Mostra Internacional de Teatro Universitario. OURENSE
Presentación da Mostra Internacional de Teatro Universitario. OURENSE | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta