Reciben a berros de "fascistas" a Vox, que volve chamar "racista" a Castelao en Pontevedra

Varias ducias de persoas protestaron contra Javier Ortega Smith antes de ofrecer un mitin.

Por Europa Press / Redacción | Pontevedra | 27/06/2020 | Actualizada ás 20:09

Comparte esta noticia

Varias decenas de persoas recibiron ao secretario xeral de Vox e deputado no Congreso, Javier Ortega Smith, con berros de "fascistas fóra, fóra de Pontevedra" antes de ofrecer un mitin na Alameda de Pontevedra, municipio no que o dirixente da formación que dirixe Santiago Abascal despregou este sábado a súa axenda.

Acto de Vox en Pontevedra
Acto de Vox en Pontevedra | Fonte: @VoxPontevedra.

No seu discurso fronte ao edificio do Concello de Pontevedra, que goberna o BNG co PSdeG, e a escasos metros do instituto Valle-Inclán, onde o propio Castelao exerceu como profesor, Ortega Smith volveu a chamar "antiespañol, racista e nacionalista" ao intelectual galego que emigrou a Arxentina para evitar a represión franquista.

O deputado de Vox xa usara estas palabras este venres, en Xinzo de Limia, para referirse ao galeguista que dá nome a un dos recoñecementos anuais que dá a Xunta de Galicia --xunto coas Medallas de Galicia--, tal e como son as Medallas Castelao.

Precisamente, estes galardóns entréganse cada 28 de xuño (este domingo) nun acto que, como é habitual, preside o xefe do Executivo autonómico, Alberto Núñez Feijóo, coincidindo coa dobre efeméride do plebiscito do Estatuto de Autonomía de Galicia do ano 1936 e a repatriación dos restos do político, escritor e debuxante galego.

Precisamente, estas palabras de Ortega Smith foron obxecto de balbordo nas redes sociais na xornada do sábado e tamén se pronunciaron en contra Podemos Galicia e o BNG, entre outras voces.

"Ortega Smith (Vox) en Xinzo de Limia chamando racista e xenófobo a Castelao. Con este tipo de xente é coa que quere gobernar Feijóo. Non o imos permitir. A esquerda temos que gañar estas eleccións. Se ti votas, Feijóo e Vox perden", sinalou Podemos.

Pola súa banda, o BNG apunta que "Castelao é a principal figura da nación galega no século XX". "E o nacionalismo galego é emancipador, igualitario, republicano, pacifista, internacionalista. Para un fascista falar de Castelao ou de nós, primeiro debe lavar a boca. #CastelaoSempre", tuitearon os nacionalistas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 33 comentarios

7 Sgomez

Extraído de "Sempre en Galiza": ""...Mais… ¿que é a golferancia e o señoritismo senón un remedo da gitanería? ¿Que é o flamenquismo senón a capa bárbara en que se asolagaron os fondos tradicionaes de Hespaña, a tona imperial e austríaca, os farrapos piollosos da delincuencia gitana? Hoxe o irrintzi vasco, o renchillido montañés, o ijujú astur, o aturuxo galego e o apupo portugués están vencidos polo afeminado olé…"" ""...O día 25 de xulio do 1935 estábamos celebrando o “mitin das arengas” na Quintana de Santiago, e un patriota berrou: “¡¡Viva España!!”. Axiña xurdiron do público uns mozos separatistas e mallaron no interruptor patriota. Eu din por ben empregado aquel castigo..."" Ahora trasladen a que algo similar a esto lo publicase alguien de Vox, y sean sinceros consigo mismos y piensen qué opinarían.

1 anonimo 2

Sgomez é famoso por pertencer a uma associação contra a “discriminação do povo gitano”, não é? De seguro não concorda em criticar a golferancia como si faz Castelao uma e outra vez “...un poeta totalitario acaba de glorificar a golferancia e o señoritismo da capital de Hespaña, afirmando que “Madrid es el campamento de la meseta. Que vive sin Industria y sin Agricultura. De gobernar a los demás”.”. E que opina Sgomez dos “...esta caste de patriotas usaban pistola” pistoleiros que provocaron a guerra civil? Que ousada é a incultura! Mais lermos o Sempre en Galiza e menos demagoxia!

2 Sgomez

Seguindo con "Sempre en Galiza": "...Se o pobo non quixera enterarse do que lle convén e fixese desprezo do remedio que pode salvalo, ¿haberá algún home de fe que deixase de impor ese remedio, aínda pola forza, se dispuxese de poder para tanto? Porque un home de verdadeira fe nos ideaes que predica e con coraxe para remediar as desventuras do pobo, vai cara ao trunfo cando se poida e como se poida.."

6 Violeta 4

Para saber que Rodríguez Castelao era racista y xenófobo sólo hay que leer su cacareado Sempre en Galiza donde no duda en señalar las diferencias raciales entre gallegos y resto de españoles. Este personaje emparenta a los gallegos con la supuesta raza aria y al resto de españoles con los semitas. Hoy sabemos que en algunas zonas de Lugo se concentra la mayor concentración de genética africana lo cual confirma el disparate de Castelao. El problema es que los del BNG y no digamos el resto de de partidos no se leyeron a este funesto personaje.

1 Ana

Entre EsPaia (paios) e Iberia (beres) como que quedo con Iberia. Entre Vox e Castelao como que quedo con Castelao.

2 anonimo 2

Que ousada é a ignorância! “Érase un habanero que trouxo un rapaciño negro, como podía traer un papagaio ou un fonógrafo… O habanero morreu, e o negro chegou a mozo e sinteu, como calisquera galego, a necesidade de percorrer mundos. I emigrou a Cuba; pero a morriña non o deixaba vivir alí. E farto de chorar, voltou á súa terra. Non traía cartos; pero traía un traxe novo, un baúl baleiro e moita ledicia no corazón. AQUEL NEGRO ERA GALEGO”, “Para nós, os galegos, afeitos a percorrermos o mundo e a convivir con tódalas razas, O NACIONALISMO RACISTA É UN DELITO E TAMÉN UN PECADO. Endexamais medimos os diámetros do noso cráneo, nin llo medimos a ninguén para ser ademitido na nosa comunidade.” E Castelao foi declarado presidente honorario da Federación Mundial de Sociedades Negras nos EUA. Mais lermos o Sempre en Galiza e menos demagoxia!

5 Sós

Galicia precisa un camiño propio, lonxe de Españolistas e de lusistas.

4 patético

O fascismo nunca desapareceu e é evidente que está nas súas mellores horas en europa... a cuestión é si a cidadanía vai responder con intelixencia ou vaise botar ao monte....

3 nostrus

Sintoo moito polos racistas que o adoren, pero no de chamar racista a Castelao ten razón, pero ademais deberíalle chamar renega-do, porque para ser galego non é preciso rene-gar de ser español. Hai que dicir que Castelao sentia desprecio polo resto de España e polo seu idioma e inda mais en especial por Extremadura, polo que chamarlle racista non é nada esaxerado.

1 anonimo 2

Cita do Sempre en Galiza, “Para nós, os galegos, afeitos a percorrermos o mundo e a convivir con tódalas razas, o nacionalismo racista é un delito e tamén un pecado. Endexamais medimos os diámetros do noso cráneo, nin llo medimos a ninguén para ser ademitido na nosa comunidade.” Que ousada é a incultura! Mais lermos o libro e menos demagoxia!

2 Galileo galiciano

Nostrus ou Nostradamus? Anda, volta á cova das alucinación e delirios.