Illa estima que a vacina tardará un ano en estar lista pero ve posible conter a segunda vaga: "será menos intensa"

Non descarta volver ó confinamento total no caso de que sexa necesario.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/06/2020 | Actualizada ás 14:38

Comparte esta noticia

O ministro de Sanidade, Salvador Illa, explicou este luns que cre que se pode evitar unha segunda onda da pandemia de coronavirus se se mantén unha "actitude responsable" e as medidas de seguridade entre a poboación. Así o aseverou en declaracións á RAC1  recollidas por Europa Press, nas que avogou por confinamentos "cirúrxicos" fronte a rebrotes --illar colectivos, edificios e zonas expostas-- aínda que non descartou a posibilidade de volver ó confinamento total se se chegase a precisar.

Sobre unha posible segunda onda, Illa insistiu en que será de "intensidade menor e de magnitude inferior" á primeira porque o sistema sanitario está, ao seu xuízo, mellor preparado, aínda que comentou que deben traballar pensando no peor dos casos. "Ata que non teñamos unha vacina e un tratamento eficaz debemos facer o que estamos a facer: detectar de forma precoz e illar os casos e os seus contactos", argumentou o ministro.

O ministro de Sanidade, Salvador Illa (Arquivo). Eduardo Parra - Europa Press
O ministro de Sanidade, Salvador Illa (Arquivo). Eduardo Parra - Europa Press | Fonte: Europa Press

UN ANO PARA A VACINA

Neste aspecto, Illa defendeu  que hai "un esforzo sen precedentes" a nivel mundial en investigación para descubrir unha vacina, que estará dispoñible nun ano, segundo as súas estimacións.

No tocante á súa xestión, o Ministro afirma que nunca pensou en dimitir e ninguén lle pediu que deixe o cargo, e lembrou que todos os países "chegaron tarde". Sobre a relación coas comunidades autónomas durante a pandemia, Illa insistiu en que quixeron ser "moi respectuosos coas súas competencias e a comunicación foi moi fluída" con todos os conselleiros de sanidade.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta