Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/06/2020 | Actualizada ás 19:31
O sindicato CC.OO. inicia unha campaña coa que busca empapelar a provincia de Pontevedra para denunciar a "represión sindical, desigualdade e precariedade" que se rexistra na Deputación "de Silva e Caballero".
O secretario comarcal, José Ramón Piñeiro, e o secretario de organización en Pontevedra, Jose Luís García Pedrosa, anunciaron este luns en rolda de prensa a pegada de 5.000 carteis e o despregamento de cinco pancartas coas que pretenden denunciar a situación laboral que afecta os traballadores da administración provincial.
A orixe deste conflito, segundo explicou Pedrosa, está nunha serie de denuncias pola vía penal interpostas por membros do equipo de goberno da Deputación contra o delegado sindical de Comisións Obreiras na Deputación, José Ramón Piñeiro.
A primeira denuncia ten que ver cunha serie de pintadas contra o deputado do BNG, Uxío Benítez, relacionadas co conflito do parque de maquinaria. A última e máis recente denuncia, por un comunicado de prensa no que o sindicato reprochaba unha presunta falta de medidas para previr contaxios por coronavirus no centro Príncipe Felipe.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.