O Concello de Ferrol impulsará unha declaración institucional en apoio aos traballadores do Hospital Juan Cardona

Os grupos municipais instarán ao Sergas e ao centro sanitario a alcanzar acordos para "garantir as condicións laborais".

Por E.P. | Ferrol | 30/06/2020 | Actualizada ás 18:37

Comparte esta noticia

Os grupos municipais do Concello de Ferrol impulsarán unha declaración institucional "en apoio dos traballadores do Hospital Juan Cardona" para instar tanto á xerencia de Sergas como a do propio hospital a alcanzar "os acordos que sexan necesarios para garantir as condicións laborais dos traballadores, tal e como viñeron facendo ata a actualidade".

Hospital Juan Cardona en Ferrol
Hospital Juan Cardona en Ferrol | Fonte: Google Maps.

Así o trasladou o alcalde de Ferrol, Ángel Mato (PSOE), tras manter na mañá deste martes unha reunión de traballo cos integrantes do comité de empresa e os portavoces de todos os grupos con representación no municipio, na que os representantes sociais trasladáronlles o seu temor a perder complementos que suporían unha media de 250 euros mensuais.

"Trescentas familias non poden ter agora mesmo a inquietude de cal vai ser o seu futuro, especialmente nun hospital que está concertado ao 82%", advertiu o rexedor, quen insistiu en que "a xestión a ten que asumir a Xunta, porque é a responsable de garantir unha situación que parece que economicamente é moi difícil, non sexa só asumida por parte do persoal".

Por último, comprometeuse a trasladar a petición tanto "á xerencia do Sergas como do hospital" para que cheguen a un acordo "canto antes". "E que uns traballadores que estiveron en todo momento dándoo todo, durante o estado de alarma, non poden agora ver perigar o seu futuro", engadiu.

ESCUSA DO CORONAVIRUS

O presidente do comité de empresa, José Manuel Funcasta, alertou da "situación crítica" na que se atopa o colectivo, que acusa a xerencia de aproveitar a "situación xerada polo coronavirus para recortar dereitos salariais". "O hospital está agora nunha situación precaria e os traballadores somos o que estamos a pagar o pato", sentenciou.

A maioría de afectados son "traballadores da clase baixa, como enfermeiras, auxiliares, celadores, repercutindo tamén nos médicos, pero estamos a falar de que nos queren quitar 250 euros, que sería a contía dos dous pluses, nunha nómina que temos de 1.200 euros para persoas que levamos alí traballando 25 anos", sinalou.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta