Galicia encabeza a creación de emprego en xuño tras ser a primeira en entrar na nova normalidade

Tras tres meses en corentena, en xuño crearonse 6.428 empregos con respecto ao mes anterior.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/07/2020 | Actualizada ás 10:20

Comparte esta noticia

O número de parados rexistrados nas oficinas dos servizos públicos de emprego (antigo INEM) en Galicia baixou en 6.428 persoas (-3,36%) en xuño respecto ao mes anterior, o que arroxa un total de 184.654 desempregados, segundo datos do Ministerio de Traballo e Economía Social publicados este xoves.

Deste xeito, Galicia é a comunidade na que máis baixa o paro en xuño, seguida por Castela-A Mancha (6.212 menos), nun mes con 10 autonomías nas que se reduce o desemprego, mentres aumenta nas sete restantes. A caída galega contrasta coa subida no Estado.

En España, o número de parados rexistrados nas oficinas dos servizos públicos de emprego (antigo Inem) subiu en 5.107 desempregados en xuño (+0,1%), o seu maior repunte nun mes de xuño desde 2008, segundo o Ministerio de Traballo e Economía Social, que destacou que estas cifras "profundan na tendencia de retardación" do ritmo de crecemento do desemprego que se iniciou en maio.

Paro en Galicia en xuño. EPDATA
Paro en Galicia en xuño. EPDATA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta