Alu Ibérica non paga as cotizacións dos seus traballadores na Coruña

A Inspección de Traballo informou ao Comité de Empresa que Alu Ibérica non pagou as cotizacións para a Seguridade Social desde abril.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 02/07/2020 | Actualizada ás 13:16

Comparte esta noticia

A falta de pagamento por parte do Grupo Riesgo a varios proveedores fixo que o Comité de Empresa de Alu Ibérica na Coruña preguntase a Inspección de Traballo se a compañía pagara as cotizacións do persoal á Seguridade Social.

Traballadores de Alu Ibérica Coruña reclaman intervención da factoría
Traballadores de Alu Ibérica Coruña reclaman intervención da factoría | Fonte: Cedida

A resposta chegou este mesmo xoves 2 de xullo. O organismo inspector laboral informou aos e ás traballadoras que a empresa ten sen pagar as cotizacións do mes de abril. A propia Inspección de Traballo di que de momento non ten datos do mes de maio. As cotizacións páganse a mes vencido, e o 30 de xuño deberían ter pagado o mes de maio, pero ata pasado o 10 de xullo non se poderá verificar a situación de maio.

Ante a situación que se lles presenta ao persoal de Alu Ibérica, solicitaron de urxencia a intervención da empresa. “O Goberno non pode permitir por máis tempo esta situación”, din nun comunicado, e menos “sendo nós o proxecto que está baixo a tutela do Ministerio de Industria

Por outra parte, o Comité de Empresa manterá mañá unha xuntanza cos responsables políticos de Recortes Cero, cunha rolda de prensa posterior para falar desta xuntanza e da situación actual na planta.

RESPOSTA DE ALU IBÉRICA

Nun comunicado emitido este xoves, Alu Ibérica respondía ás afirmacións do Comité de Empresa da Coruña sobre o non pagamento das cotizacións á Seguridade Social. A compañía di estar sufrindo unha persecución por parte do Comité que deste xeito, estaría tentando ocultar promesas incumpridas aos traballadores.

Nunha serie de puntos, o fabricante de aluminio di que "confirma" o pagamento de nóminas e cotizacións e ter todas as contas actualizadas. Sinala ao presidente do Comité de Empresa, Juan Carlos López Corbacho, como instigador de acusacións e manobras como presionar a traballadores para que non asistas aos cursos de formación da empresa.

Finalmente, Alu Ibérica declara que está traballando xunto cos traballadores para sacar adiante "o único plan de futuro" para a factoría. Con isto esperan ter unha proxección de futuro.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta