Rastrexan os contactos dun caso positivo por COVID-19 en Santiago que chegou en voo internacional a Madrid

Ata a data este é o segundo caso importado do que se ten coñecemento en Galicia desde o fin do estado de alarma.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/07/2020 | Actualizada ás 18:02

Comparte esta noticia

Os sistemas sanitarios de vixilancia rastrexan os contactos dun caso positivo de COVID importado rexistrado na área sanitaria de Santiago e Barbanza dunha persoa que chegou a finais da semana pasada ao Aeroporto de Madrid nun voo internacional procedente de Sudamérica.

Así o confirmaron fontes sanitarias, que indicaron que a persoa que deu positivo este mércores na área sanitaria compostelá chegou o pasado fin de semana nun voo procedente de Colombia ao Aeroporto Adolfo Suárez-Madrid Barajas.

Posteriormente, tomou un tren a Santiago de Compostela desde Madrid, pero en Zamora --onde o servizo estaba interrompido por traballos na rede ferroviaria-- realizou, como o resto de pasaxeiros, un transbordo en autobús para continuar traxecto ata a capital galega, onde se subiu a un taxi ata o seu domicilio.

Fontes de Renfe confirmaron  que lle facilitaron ao Servizo Galego de Saúde (Sergas), a petición deste, "os nomes, apelidos e teléfonos" dos acompañantes desta persoa --que obtivo positivo por COVID esta semana--, tanto no tren como no autobús no que viaxou o pasado sábado 27 de xuño.

Ata a data este é o segundo caso importado do que se ten coñecemento en Galicia desde o fin do estado de alarma despois de que o Sergas apuntase "a un caso importado desde Brasil que actuou como vector de contaxio sobre un familiar que deu o primeiro positivo" no brote da comarca coruñesa de Barbanza con nove casos.

Neste brote, controlado e cuxos casos descenderon, o nove casos foron detectados nas localidades coruñesas de Ribeira e A Pobra do Caramiñal.

Clínico, Chus. EUROPA PRESS - Arquivo
Clínico, Chus. EUROPA PRESS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta