Familiar dunha vítima das residencias en Galicia: "A miña nai deixárona morrer"

Acusou diante do pleno coruñés aos concelleiros do PP de non teren recibido aos familiares logo de cinco peticións.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 03/07/2020 | Actualizada ás 14:50

Comparte esta noticia

A filla dunha das anciás falecidas na residencia DomusVi de Matogrande, Carmen Pico, realizou unha intervención diante do pleno coruñés para esixir unha investigación inmediata sobre o acontecido en residencias de maiores en Galicia, durante a pandemia de coronavirus.

Carmen Pico, familiar de falecida en residencia Matogrande-DomusVi
Carmen Pico, familiar de falecida en residencia Matogrande-DomusVi | Fonte: Concello da Coruña

Carmen Pico comezou a súa intervención no turno de palabras á cidadanía, anunciando que as asociacións de familiares e a Federación REDE de familias afectadas, apoiarán a moción do Concello que insta á Xunta a investigar os motivos dun elevado número de persoas maiores falecidas en residencias para anciáns.

Ao comezo da súa intervención, Pico agradeceu ao pleno do Concello ser recibida menos ao PP, “porque nunca nos recibiu”. Así mesmo, dixo sentir “vergoña” cando lembrou a intervención da concelleira e deputada “popular” Rosa Gallego, durante un pleno da Deputación da Coruña que pedía unha investigación á Xunta sobre as residencias de maiores. Rematou cualificando aos representantes do PP como “demagogos”.

A familar de usuaria falecida, lembrou que as UVIs na Coruña non estaban saturadas como en Madrid, e que no caso da súa nai “deixárona morrer”. Pediu ao goberno local da Coruña que inste á Xunta a facer unha investigación que “asuma a súa responsabilidade”.

Por outra parte, en nome das asociacións de familiares de falecidos en residencias, pediu o cambio de modelo de xestión porque “non se debe priorizar a empresas que poñen o beneficio económico por diante das persoas”. Así, Carmen Pico lembrou que as empresas detrás das residencias privadas tiveron beneficios por 4.500 millóns de euros no último exercicio.

Reclamou aos representantes do PP no pleno coruñés que sexan “éticos ou máis persoas” logo da abstención do grupo municipal “popular” para a petición de investigación. Pediu ademais a depuración de responsabilidades así como unha nova lei de residencias “porque a actual non vale”. Finalizou a súa intervención pedindo compromiso e seriedade porque “vostedes tamén son persoas e chegarán a vellos”, en alusión á bancada “popular”.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Kiskilla

A ver, yo se quien es esta mujer, he visto su intervención y os equivocáis en una cosa, cuando dice que sean más personas no solo se refiere al PP sino a todos los partidos políticos. Siempre les habla a todos, porque créeme, ahora mismo no confía en ninguna sigla de ningún partido y hablo con conocimiento de causa. Así que si criticamos, criticar bien.