Rajoy pon en valor as siglas do PP: "Os candidatos poden ser magníficos, pero en solitario non fan nada"

Valora que Feijóo "non é un sectario" nin "un doctrinario"

Por Europa Press / Redacción | Vilagarcía de Arousa | 06/07/2020 | Actualizada ás 23:23

Comparte esta noticia

O expresidente do Goberno Mariano Rajoy puxo en valor en Vilanova de Arousa a fortaleza que supón formar parte dun grupo político como o Partido Popular fronte a calquera tipo de individualismo.

En referencia aos candidatos que os populares presentan ás eleccións autonómicas en Galicia, sinalou que "son magníficos, pero eles en solitario non poden facer nada". Rajoy lembrou que tampouco el o puido facer ao longo da súa vida política. "Se eu fun ministro e presidente do Goberno, non o fun por ser quen era, senón por ser militante dun partido político que contaba co apoio maioritario dos españois", afirma.

Neste sentido, asegura que "este non é un proxecto de Núñez Feijóo, é un proxecto de todos os que se queiran sumar voluntariamente a el", entre os que dixo atoparse. "Estou aquí porque me importa Galicia, impórtame España e impórtame o Partido Popular", engadiu.

DOUS QUE PERDEN SEMPRE AS ELECCIÓNS

O expresidente fixo tamén un chamamento á prudencia aos votantes populares respecto dos resultados que auguran as enquisas. "Só hai dous que perden sempre as eleccións: os que se cren que as teñen perdidas e os que se cren que as teñen gañadas", sinalou. "Agora mesmo estamos empate a cero", aínda que manifestou estar seguro de que ese empate se vai a desfacer o domingo a favor do Partido Popular.

O expresidente do Goberno, Mariano Rajoy, o candidato do PP ao 5A e o presidente do Partido Popular Pablo Casado, nun acto en Ourense
O expresidente do Goberno, Mariano Rajoy, o candidato do PP ao 5A e o presidente do Partido Popular Pablo Casado, nun acto en Ourense | Fonte: Rosa Veiga - Europa Press

Non quixo o expresidente recrearse nas críticas ao actual Goberno de España, "para non porvos tristes". Pero si que sinalou que comeza a ter a sensación de que hai políticos que chegan ao Goberno "para divertirse".

En cambio, sostén que o que necesita a xente son políticos "serios e formais", que tomen decisións, aínda que ás veces estas non lle gusten á cidadanía, e que "asuman as súas responsabilidades". E puxo a Alberto Núñez Feijóo como paradigma deste tipo de políticos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta